7 de set. de 2009

A GUARDA

¿QUE ESTÁ PASANDO COAS FESTAS POPULARES?



(Remitido)
Dende fai unha tempada para aquí, somos moitos os veciños/as que nos preguntamos que está pasando cas Festas Populares, xa que vemos como dende o Concello, ben directamente, ben a través do Concelleiro de Cultura, están a sufrir accións, que ao úneco que poide levar, é a súa desaparición. (Non queremos pensar que esa sexa a intención dos feitos).
Non estamos falando de festas que escomenzaron onte, senón daquelas que levan celebrándose unha morea de anos, e que parece que están no ollo de mira do actual Equipo de Goberno.
A primeira que soufriu o pau, foi San Queitano, xa que desapareceu da Guía de Actividades Culturais do Concello, e nín por alí te pudras, noutros casos, posiblemente menos importantes, (un teléfono errado) retiraron as guías e anexaronlle unha pegatina para desfacer o entorno que cometeran.
Agora tocoulle as Festas da Virxe da Guía, e cando xa está rematado o verán, o Concello asume unha actividade que había abandonado unha asociación, e non ten mellor ocurrencia que plantala o mesmo día da Festa.
A verdade é que non lle encontramos explicacións, salvo que sexan as únicas festas que nos actos somentes convidan ao Alcalde e non o resto da Corporación, e algúns se sintan molestos por non poder saír na fotografía. Se este non é a causa, non somos capaces de atopar o por que se está facendo isto.
Non é facil imaxinar que se esté torpedeando a labor dunha Comisión que ten que pasar apuros pedindo polas casas dos veciños para seguir mantendo as costumes dos séus maiores.Imos a estar expectantes para ollar o que sucede ca última festa do ano na nosa localidade, para ver si montan algunha actividade paralela. Eiquí, esperamos que non suceda nada, xa que senón van ter problemas internos pois algunha figura se repite no Equipo de Goberno e na figuración dos actos do barrio donde se celebra a festa a que estamos aludindo.Polo que sabemos, para o ano volta a celebrarse a de San Roque, e esperamos que a nova Comisión de Festas non leve tamen trancazos como está sucedendo con San Queitano e a Guía.
Somentes nos queda unha pregunta ao aire, ¿será porque nesas comisións hai persoas vinculadas a Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, cousa que molesta aos nosos dirixentes e por iso se debe boicotear o traballo que fan para manter no tempo as tradicións dos séus barrios?
Cada quen que se faga a súa pregunta, pero isto é o que aconteceu este ano, e é difícil de atopar unha explicación que sexa convincente a un analisis imparcial do que está sucedencdo cas festas populares.
A Guarda, a 07 de setembro do 2009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL

Ningún comentario:

Publicar un comentario