Infogauda / A Guarda
Segundo puido saber Infogauda, na súa petición, Sor Isabel Vicente Rey - natural de A Guarda, o igoal que outras monxas da mesma Comunidade Bieita -, foi fundamentada "(...) con motivo do 450 aniversario da fundación do Convento da Guarda (1558-2008) e os 25 anos da nosa marcha para Trasmañó (1984-2009), desexamos que se faga un libro coa historia destes case que cinco séculos".
A Abadesa tamén salientou "(...) que postas en contacto co historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez, este aceptou levar a cabo a realización dese estudio histórico durante o vindeiro ano 2009 (...)".
Na súa petición dirixida o Presidente da Deputación de Pontevedra, a Superiora do Convento das MM. Bieitas también salientou: "(...) Que dado que somos unha orde relixiosa económicamente moi humilde",
SOLICITO:
- Que faga Vostede posible o financiamento deste traballo dado o enorme interese que pode ter para o coñecemento da historia monacal da Provincia, neste caso nun período que abarca nada máis e nada menos que catro séculos e medio da nosa historia (...)".
E a resposta definitiva veu dada por medio da resolución presidencial do 22 de xullo de 2009 que resolve adxudicar a Joaquín Miguel Villa Álvarez o contrato para a realizacións dos traballos de investigación e recollida de datos necesarios para a elaboración do libro “Mosteiro das HH. Benedictinas da Guarda (1558-1984)”.
Polo tanto, o historiador guardés Joaquín Miguel Villa Álvarez ocuparase da realización do libro no cal se recollerá a densa historia do Convento da Transfiguración do Señor, ó longo de catro séculos e medio, nos que maioritariamente a Comunidade Bieita estivo no Convento de A Guarda.
Agardamos que unha vez rematados os traballos de investigación e recollida de datos, por parte de Joaquín Miguel Villa Álvarez, tanto as monxas bieitas como a Deputación, levarán a bó termo as xestións necesarias para a publicación do libro que constituirá unha importantísima achega o coñecemento da historia de A Guarda.

Ningún comentario:
Publicar un comentario