PREMIADO EN OURENSE UN DOCUMENTAL GUARDÉS
Infogauda / A Guarda
O documental “Un día na quinta”, é un corto de pouco máis de 30 minutos de duración, que trata sobre a xornada de convivencia desenvolvida o día 25 de outubro de 2008 polos alumnos da Escola Infantil da Gándara (da mestra desta escola, Olga Rodríguez Vicente, xurdiu a idea de facer o mesmo) e dos integrantes do módulo de xardinería do Centro San Xerome, cuxa actividade desenvolven na finca das Mercedes, situada tamén na parroquia da Gándara, a poucos metros da citada escola, foi premiado no I Festival Ouff Escola de Ourense, sección incluída no XIV Festival Internacional de Ourense .
Inicialmente non se pensou en realizar un documental, senón en deixar constancia dunha actividade escolar máis, desenvolvida nunha xornada especial. Mais, logo de ollar as imaxes, o autor do mesmo, vendo que podía facerse un traballo divulgativo interesante, decidiu transformalo en “Un día na quinta”. A Escola de Educación Infantil de A Gándara foi a que presentou o documental a concurso no I Festival Ouff Escola.
O 13 de outubro terá lugar a gala de entrega de premios e será entón cando se coñeza o premio outorgado ao citado documental. O día seguinte, 14 de outubro, está previsto que asistan os seus principais protagonistas, os alumnos dos dous centros, á proxección que terá lugar nunha das salas que dispón o festival.
O documental gravado por Agustín Ferreira, xa fora presentado o pasado ano no Centro San Xerome aos pais e nais dos alumnos dos devanditos centros.
Sinopse:
Un grupo de 12 alumnos de educación infantil chega á finca das Mercedes onde desenvolven a súa actividade outros tantos integrantes do Centro San Xerome. Estes últimos ensinarán aos pequenos a desenvolver traballos de xardinería que eles levan a cabo diariamente. Durante a xornada, que durou catro horas, sucederán algunhas cousas curiosas, chocantes, humorísticas e tenras entre os dous colectivos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario