29 de ago. de 2009

A GUARDA

DOMINGO, 30 DE AGOSTO: CARREIRAS PEDESTRES "VIRXE DA GUÍA"


Infogauda / A Guarda


Este domingo día 30 de agosto, ás 19:00 h., na Praza de A Guía, en Ribadavila (A Guarda), daráse a saída a Carreira Pedestre "Virxe da Guía", evento deportivo que orgaíza a Comisión de Festas na honra da Virxe da Guía.
As inscripcións poderán facerse ata unha hora antes de dar escomenzo as probas.
Tanto en féminas como en varons, haberá ás sguintes categorías:
De 0 a 3 anos; de 4 a 6 anos; de 7 a 9 anos; de 10 a 12 anos; de 13 a 15 anos; de 16 a 21 anos; de 22 a 39 anos e de 40 en diante.
Todas as carreiras terán a liña de saída nas inmediacións da capela da Virxe da Guía e a liña de meta será na plazuela onde se atopa o referido santuario. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
UNHA PROBA DE PRESTIXIO
Cabe recordar que ao longo da súa amplísima historia, nas Carreiras Pedestres "Virxe da Guía", participaron importantes atletas, sendo de destacar que nalgunhas das edicións precedentes máis inmediatas, os afeccionados ao atletismo puideron ver a figuras como a atleta guardesa Julia Vaqueiro Sousa (considerada unha das mellores fondistas de España de todos os tempos, especialista en 3.000, 5.000 e 10.000 metros; que foi sete veces consecutivas Campioa de España de Cros; posuíu a marca ao aire libre, de 3.000, 5.000 e 10.000 metros; e participou nos Xogos Olímpicos de Atlanta, 1996, onde logrou un diploma olímpico ao quedar clasificada en 9ª posición na final de 10.000 metros lisos), Germán Vicente Rei e Serafín Portela Amorín, ambos da Guarda; os irmáns Martínez Durán, do Rosal; a atleta portuguesa, Alzira Larios,..., entre outros destacados atletas de toda Galicia e de Portugal, que participaron en diferentes edicións das Carreiras Pedestres "Virxe da Guía", que é unha proba das máis antigas da bisbarra do Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario