A CORPORACIÓN MUNICIPAL DEBATIRÁ UNHA MOCIÓN DE APOIO A PROPOSTA DA UNIVERSIDADE DE GRANADA PARA QUE O PREMIO PRINCIPE DE ASTURIAS DA CONCORDIA, 2009 LLE SEXA CONCEDIDO O POETA MARCOS ANA
Dibuxo que o cantautor e pintor Luís Eduardo Aute, lle adicou o poeta Marcos Ana
(Premer no deseño para amplia-lo)
Infogauda / A Guarda
O concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, no Concello de A Guarda, vén de presentar, para seu debate e aprobación se procede, na vindeira sesión plenaria da Corporación, unha moción de apoio á proposta da Universidade de Granada para que lle sexa concedido ó poeta Marcos Ana, o Premio Príncipe de Asturias da Concordia, 2009.
A moción de Te/Ga - Iniciativa Veciñal dí o seguinte:
MARCOS ANA
23 RAZÓNS PARA O PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DA CONCORDIA
Tras 23 anos nas cadeas franquistas, Marcos Ana, recorda con xenerosidade, sen resentimento algún: "Non sinto ningún rencor, sentiríame desgraciado se asi fora. Ao haber sifrido tantas calamidades, sun incapaz de serrar venganza. A venganza non é ningún ideal político nin revolucionario. A úneca venganza a que eu aspiro é ollar un dia o triunfo dos ideais polos que loitei e polos que tantos homes e mulleres en España perderon a súa vida ou a súa liberdade".
Persoas, institucións, colectivos, asociacións, entidades, etc., veñen apoiando a proposta levada a cabo pola Universidade de Granada que acordou realizar unha campaña para que lle sexa concedido o Premio Príncipe de Asturias da Concordia ao poeta Marcos Ana.
23 anos tras os muros, 23 razóns para o Premio Príncipe de Asturias da Concordia
1. Pola súa vida: por contribuír de forma exemplar e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre os homes e as mulleres.
2. Pola súa loita contra a inxustiza, a pobreza, a ignorancia.
3. Polo súa defensa da liberdade.
4. Pola súa comprensión: "Yo me sentiría completamente desgraciado si después de haber pasado veintitrés años en la cárcel mi única venganza fuera llenar la cabeza de plomo a aquellos que fueron los causantes de que yo dejara media vida y toda mi juventud en la prisión".
5. Pola súa integridade: "Si pretendiera saciar con la sangre los años que pasé en prisión, me sentiría desgraciado; ni un muerto, ni mil muertos, ni todos los muertos del mundo me pueden devolver a mí estos trozos de mi vida que yo he dejado en los patios y en las celdas de las cárceles"
6. Pola súa xenerosidade: "Lo único que me podría recompensar un poco la vida es ver triunfantes los ideales por los cuales yo he luchado, por los cuales ha luchado toda una generación".
7. Pola súa lucidez: "Si nos sentimos españoles tenemos que cerrar de una vez para siempre este ciclo sangriento, ese hecho terrible de que los españoles cada veinticinco años tengamos que estar degollándonos los unos a los otros. Espero que el futuro de España no sea el futuro de la revancha sino el de la paz y seguridad para todos los españoles".
8. Pola súa humanidade
9. Pola súa solidariedade
10. Pola súa valentía
11. Pola súa enteireza
12. Pola súa honestidade
13. Pola súa sinceridade
14. Polo seu medo
15. Pola súa esperanza
16. Pola súa loita contra a infamia
17. Pola súa loita contra a mentira
18. Pola súa loita contra a crueldade demencial dos inimigos da vida
19. Pola súa sinxeleza
20. Pola súa naturalidade con que é un home. Enteiro, auténtico, completo.
21. Pola súa poesía
22. Por el e para el, por todos e para todos os seus compañeiros e compañeiras de infortunio
23. Por dignidade, reparación, xustiza, paz, reconciliación.
O Premio Príncipe de Asturias da Concordia será concedido a aquela persoa ou persoas, ou institución cuxa labor contribúa de forma exemplar e relevante ao entendemento e á convivencia en paz entre os homes, á loita contra a inxustiza, a pobreza, a enfermidade, a ignorancia ou á defensa da liberdade, ou que abra novos horizontes ao coñecemento ou se destacou, tamén de maneira extraordinaria, na conservación e protección do patrimonio da Humanidade.
Por todas estas razóns, o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, propón ao Pleno do Concello de A Guarda os seguintes ACORDOS:
1. O Pleno do Concello de A Guarda acorda adherirse á proposta realizada pola Universidade de Granada para que lle sexa concedido o Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2009 ao poeta Marcos Ana.
2. O Concello de A Guarda trasladará este acordo á Universidade de Granada, á Fundación Príncipe de Asturias e ao poeta Marcos Ana.
A Guarda, a 25 de agosto do 2.009
Celso R. Fariñas
Portavoz Municipal
Ningún comentario:
Publicar un comentario