É NECESARIO GASTAR MÁIS DE 101 MILLONS DAS ANTIGAS PESETAS NA ALAMEDA DE A GUARDA?

Infogauda / A Guarda
Ainda que a moitos guardeses non lles parece unha actuación prioritaria nin moitos menos necesaria, como xa adiantamos en Infogauda, o Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda, formado polo alcalde e concelleiros do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, vai "investir" - por non decir fundir, que cecais sería o vocablo máis oportuno - máis de 608.000,00 euros - é decir máis de 101 millóns das antigas pesetas - en "rehabilitar" a Alameda de A Guarda. Entretanto a saída Sur do Porto de A Guarda; a apertura o tráfego rodado da Rúa Inguieiros; as necesarias beirarrúas arredor do Monte Santa Trega - nos tramos onde ainda non as hai -, as beirarrúas desde a Rúa República Dominicana e Diego Antonio González, respectivamente, até o límite co termo municipal do Rosal; a dotación de auga da traída e saneamento o Monte Santa Trega; a construcción dunha nova Praza de Abastos; a construcción de un Auditorio Municipal no antergo Colexio Público "Manuel Rodríguez Sinde"; un albergue para peregrinos e transeúntes, etc. etc., que realmente son actuacións moito máis necesarias, semella que para os munícipes do goberno local non teñen a importancia que tén a "rehabilitación" da Alameda.
O igoal que moitos veciños, coidamos que esa suma de máis de 608.000,00 euros, por provir dos impostos que directa ou indirectamente, pagamos tódolos contribuintes, merece un respecto, que en opinión de non poucos guardeses, o Grupo de Goberno do Concello de A Guarda non tén en conta.
Ninguén dubida que calquer obra precisa, co paso do tempo, algunha actuación de mantemento. A Alameda non é unha excepción. Agora, de ahí a esa "rehabilitación" como o Grupo de Goberno Municipal, moi hábilmente a denominou, vai un abismo.
Por outra parte, o levar adiante esa "obra", estánse limitando as posibilidades - as que sexan - cara a un posible investimento - de iniciativa privada obviamente - para dotar esa zoa de aparcadoiros soterrados. Ou é que estamos sobrados dese tipo de prazas? Coidamos que a resposta é ben doada. De tódolos xeitos, haberá razóns de peso, mesmo de tipo electoral, para que a Alameda sexa "rehabilitada". Por certo, segundo o Diccionario da Real Academia Española, rehabilitar significa: Habilitar de nuevo o restituir a alguien o algo a su antiguo estado.
O de habilitar de novo non coidamos que sexa necesario, porque a vista está que a Alameda está habilitada para os fíns para os cales foi creada no seu día.
En canto a restituir a alguén ou algo a seu antigo estado, a Alameda ninguén - polo de agora - se apropiou dela. E no referente a seu antigo estado, haberá que convir que iso debera conlevar a recuperación da superficie que no seu día lle fora "recortada" o recinto da Alameda. Pero iso sí que non acontecerá.
As obras previstas na Alameda non conlevarán ese tipo de "rehabilitación". Será outra cousa ben distinta. Máis de 101 millóns das antigas pesetas son moitos cartos.
Se desexan saber algo máis sobor da Alameda de A Guarda, suxerísmolles que accedan a un traballo en formato PDF, que leva por título: "Identidad y Patrimonio. Semántica espacial de la Alameda de A Guarda", de Luis Alberto Gárate Castro, da Universidade Complutense de Madrid.
Ningún comentario:
Publicar un comentario