25 de ago. de 2009

GALICIA

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pon en marcha o seu Plan de Preparación ante a Pandemia de Gripe A para achegar o sistema sanitario á cidadanía

Infogauda / Galicia


A conselleira de Sanidade salientou que a central de chamadas está preparada para atender a máis de 20.000 chamadas ao día.
Nesta liña, Pilar Farjas Abadía, destacou o aumento dos recursos para axeitarse a esta demanda con 240 asistentes telefónicos especializados, 72 novos postos de control e asistencia telefónica e outros 40 novos postos de reserva preparados .
O Plan tamén establece novos criterios de resolución e consello telefónico en casos de gripe non complicados, e permite a coordinación co resto de recursos do Servizo Galego de Saúde.
O número 902 400 116 porá a disposición dos pacientes a persoal sanitario á quen consultar información completa de todos os aspectos relacionados coa gripe A.


Para saber máis, premer aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario