30 de xul. de 2009

PONTEVEDRA

A DEPUTACIÓN CONCEDE SEIS FURGONETAS A ENTIDADES SOCIAIS E DEPORTIVAS DE POIO, PONTEVEDRA, VIGO, A GUARDA E VILA DE CRUCES


Infogauda / Pontevedra
A Deputación de Pontevedra aprobou hoxe na súa xunta de goberno a concesión dunha nova remesa de furgonetas Citröen para entidades sociais, culturais e deportivas da provincia sen ánimo de lucro. Este programa, no que colaboran tamén a factoría PSA Peugeot Citröen e Caixanova, supón un custe global para a Deputación de Pontevedra de 1,5 millóns de euros.

A institución provincial xa leva entregados 80 vehículos e, nesta ocasión, as entidades beneficiarias dunha furgoneta Jumpy HDI, 120 Combi, de nove prazas, con aire acondicionado, son:

· Club deportivo de xordos de Poio
· Asociación Avelaíña, de axuda a personas con problemas de saúde mental, de A Guarda.
· Escola de Piraguismo Ciudad de Pontevedra
· Club Piraguismo Verducido-Pontillón, de Pontevedra
· Club de Remo Chapela
· Club Keltoi, de Vila de Cruces

Ningún comentario:

Publicar un comentario