O CONCELLO DO ROSAL CONTRATARÁ A TRES PERSOAS PARA A XVII FEIRA DO VIÑO DO ROSAL
Na páxina 67 do Boletín Oficial de Pontevedra, nº 111, correspondente o venres 12 de xuño de 20009, figura o seguinte anuncio:
O ROSAL
A N U N C I O
Mediante resolución da Alcaldía de 21 de maio do presente ano acordouse aproba-las bases e aconvocatoria para cubrir prazas de persoal laboral durante a XVII edición da Feira do Viño do Rosal, mediante a contratación laboral de carácter temporal a tempo completo de tres traballadores/as durante os días 17, 18 e 19 de xullo de 2009.
Pola presente ábrese un prazo de 7 días naturais, a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOP, para presentar as solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou ben mediante ealquera das formas establecidas no artigo 38.4 da Lei 30/1192, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, todo elo de conformidade coas bases da convocatoria.
O Rosal, 29 de maio 2009.—
O Alcalde, Jesús Mª Fernández Portela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario