13 de xuño de 2009

A GUARDA

CARMEN, UNHA GUARDESA MOI ESPECIAL


Infogauda / A Guarda
É unha muller que ademiramos. Como outras moitas mulleres, sabe o que é coidar dos pequenos namentras seu esposo traballaba lonxe da Terra, na emigración, na procura dos recursos económicos para o sustento e a formación dos seus tres fillos.
Aquela etapa fai anos que a superaron. O obxectivo téñen-o ampramente cumprido. Seu marido está xubilado e os tres fillos son persoas de recoñecida capacidade profisional e persoal. Son mozos preparados os que ninguén lles regalou nada. O mérito é de todos eles. De Carmen e de Manuel. De José Manuel, de Xurxo e de Gustavo. Estas liñas ván adicadas a todos eles, con todo o noso agarimo, ainda que de xeito especial a Carmen Rodríguez González. Por moitas razóns. Unha delas, porque contamos coa súa amizade e a de Manuel, desde fai máis de tres décadas. Pero iso, ainda que o agradecemos vivamente, non é o máis importante. O realmente importante, é ela mesma. Por ser como é. Muller activa, loitadora e con inquedanzas culturais, entre outras moitas máis virtudes.
Na imaxe que lles amosamos, vemos a Carmen na Praza do Calvario, no Rosal, logo de rematar unha actuación do Grupo Ir e Vir, do cal forma parte activa.
Carmen tén participado en grupos de teatro e tamén recitou poesías. Mesmo colabourou nas curtametraxes Bando de Cruzes, de Xurxo González, e Dies Dei, dirixida por Nani Matos. Ela é así. Por iso hoxe adicámoslle este espacio con todo o agarimo e respecto para ela e os seus.
Carmen que sigas así, tal como eres, e que disfroites cos teus, por moito tempo. Eres unha guardesa moi especial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario