14 de xuño de 2009

A GUARDA

A GUARDA CELEBROU A FESTA DO SANTÍSIMO SACRAMENTO COAS TRADICIONAIS ALFOMBRAS DE FRORES E DE SAL

Premer na imaxe para acceder a reportaxe fotográfica



Infogauda / A Guarda

Logo de un mes de traballo de recolección e debullado dos materiais vexetais necesarios, A Guarda voltou a honrar o Santísimo coa confección de tapices de frores e de sal, tarefa na que as mulleres foron maioritariamente as que levaron a maior carga de traballo, ainda que en honor a verdade, tamén colabouraron algúns homes e nenos/as. Dese xeito, chegado o sábado día 13 de xuño deron escomenzo os traballos de marcado no chán, dos deseños elexidos, que como vén sendo costume foron todos eles diferentes nos correspondentes tramos de rúas. Escomenzando pola Praza do Reló, e continuando pola Praza de Ignacio Sobrino, Rúa Oliva, Rúa Hernán Cortés, Praza de José María Lomba, Rúa Malteses, A Ribeira e Rúa Concepción Arenal.
A pesares de que na madrugada do domingo chegou a chover miudiño, a auga non estragou o traballo dos/as alfombristas, que foi seguido de preto por milleiros de persoas chegadas de diferentes pobos da contorna e mesmo doutros lugares do país, feito que acredita a merecida fama dos tapices frorais de A Guarda, que certamente teñen moito mérito, máxime cando un ano máis, o grupo municipal de goberno, non editou nin espallou ningún cartel anunciador das alfombras do Santísimo. E ainda así a afruencia de público foi a máis, ó longo de toda a mañá do domingo, e nas horas e intres previos a solemne procesión.
Rematada a misa solemne, deu escomenzo a procesión que contou coa participación de numerosas persoas, así como de diversas confrarías piadosas representadas polos correspondentes estandartes portados por membros das mesmas, que ían franqueados por nenos/as que fixeron súa Primeira Comuñón. Asemade, tamén ía o estandarte da Sección da Adoración Nocturna e o tra-lo palio portado por membros desa sección, ía a custodia co Santísimo Sacramento, portada polo P. Angel Luís Airas, director do Colexio PP. Somascos, de A Guarda. O seu carón, o párroco de Santa María de A Guarda, Jesús García Villadóniga.
Tamén ía unha representación da Policía Local de A Guarda, portando o pendón municipal, e inmediatamente despois varias autoridades civís e militares, e outras representacións cívicas. E pechando a procesión a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta.
Desde Infogauda felicitamos a tódolas/os veciñas/os que fixeron posibles os fermosos tapices frorais na honra do Santísimo Sacramento, pois constitúen toda unha expresión do fervor popular é o mesmo tempo, unha magnífica mostra da creatividade e do traballo en equipo, da nosa xente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario