24 de xuño de 2009

A GUARDA






Infogauda / A Guarda






Para seu debate, e aprobación se procede, na vindeira sesión plenaria da Corporación Municipal de A Guarda, o concelleiro Celso Rodríguez Fariñas, portavoz do Grupo Municipal Terra Galega - Iniciativa Veciñal, vén de presentar no rexistro de entradas do Concello guardés, a seguinte moción:


O vindeiro día 28, cúmplanse 40 anos do falecimento dunha persoa a consecuencia do maltrato público ao que foran sometidos un grupo de clientes de distintas inclinacións sexuais nún bar de ambiente asaltado pola policia nortamericana. Séu delito, ser homosexual.


Dende entón celebrase este día polos dereitos de lesbianas, gays, transexuais, e bisexuais.


Tras varias décadas de desprecio, humillacións, encarcelamento e criminalización de moitas persoas pola súa condición sexual, se teñen dado avances significativos no recoñecimento legal de importantes dereitos do colectivo de lesbianas, gays, transexuais, e bisexuais.


Non esquecemos dúas cousas: unha, que a sociedade ainda ten moito que avanzar no eido da non discriminación, e outra, que para conseguir a lexislación actual, foron moitas as persoas e colectivos que tiveron que soportar humillacións e discriminacións pola súa condición sexual e por xuntar as suas voces e o seu traballo para acadar uns dereitos que son elementalmente democráticos. Foi necesario, a reivindicación, o apoio, a educación e a sensibilización, e é preciso hoxe o séu recoñecimento expreso para seguir traballando socialmente nesta dirección xa que a día de hoxe, ainda queda moito por facer ata conseguir a desaparición de calquer tipo de discriminación e conseguir a igualdade real e social da poboación de lesbianas, gays, transexuais, e bisexuais.


As discriminacións siguen tendo lugar no ambito laboral, político, cultural, social, privado, público,...,e sigue sendo preciso traballar pola súa erradicación.


Este ano, o movimiento, elexiu por en marcha unha campaña contra a discriminación, en especial, das e os adolescentes lesbianas, gays, transexuais, e bisexuais, co lema "Escolas sin armarios", xa que a educación e o instrumento fundamental para desterrar totalmente a intolerancia e a intransixencia da sociedade e darlle pulo ao respeto pola diferencia. Os centros educativos deben ser lugares que reflexen a sociedade actual, e o hoxe o noso mundo e está composto por diversas opcions afectivo-sexuais polo que o respeto a diversidade debe ser trasmitido aos mais xóvenes como un valor esencial para a convivencia en democracia.


Por todo elo, o Grupo Municipal de Te/Ga-INICIATIVA VECIÑAL, presentamos para o séu debate e aprobación si procede a seguinte MOCION:


1. Contribuir nas competencias que son propias a este concello, ao desenrrolo e aplicación de todalas medidas previstas na lexislación vixente, contra toda discriminación por orientación, identidade sexual e diversidade familiar, ca finalidade de erradicar da nosa sociedade calquer tipo de homofobia tanto no ámbito familiar, escolar, laboral, social e/ou político.


2. Reconocer a determinante contribución de todas aquelas personas e colectivos que veñen defendendo durante décadas os dereitos deste colectivo. E este ano, especialmente a das/os adolescentes lesbianas, gays, transexuais, e bisexuais


3. Colaborar na educación e sensibilización social para o recoñecimento da igualdade real e dos dereitos de tódalas persoas independientemente da súa opción sexual, tendo en conta este ano de maneira especial o lema elexido polos movimentos sociais de lesbianas, gays, transexuais, e bisexuais "Escolas sin armarios".


4. Ao igual que xa o fan outros concellos, durante o día 28 de xuño, izar unha bandeira cas cores do arco iris, representativa deste colectivo, na fachada principal do edificio municipal, xunto ao resto de bandeiras institucionais.




A Guarda, a 24 de xuño do 2.009




Celso R. Fariñas


Ningún comentario:

Publicar un comentario