Infogauda / A Guarda
O pasado sábado, día 20 de xuño de 2009, tivo entrada no Concello de A Guarda un escrito (R.E. Nº 4.431), no que un veciño de A Guarda, dí o seguinte:
O abaixo asinante, Ricardo Rodríguez Vicente, provisto de D.N.I. [que non reproducimos de acordo coa lexislación vixente en materia de Protección de Datos], con enderezo en Rúa Concepción Arenal, 45 – 1º (36780) A Guarda, comparece e
D Í:
1º.- Que en relación a proposta de nomear a Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda, apoia tódalas iniciativas que culminen co devandito nomeamento.
2º.- Que ese nomeamento, é, o noso entender, unha débeda de gratitude que o Pobo de A Guarda, representado polo seu Concello e Corporación Municipal, ten contraída co profesor e poeta, Xosé Carlos Gómez Alfaro.
3º.- Que Xosé Carlos Gómez Alfaro, supo exercer como galego, como veciño, como profesional do ensino e como escritor e poeta, mantendo un firme compromiso coa nosa xente, coa nosa Lingoa e coas libertades democráticas.
4º.- Que Xosé Carlos Gómez Alfaro viviu e traballou na Guarda, e foi eiquí precisamente onde callou súa mestría poética. Asemade, foi no noso pobo onde xestou moitas das súas obras. Mesmo a algúns dos seus poemas puxéronlle música o compositor José Luís Lorenzo Rodríguez e o cantautor Tino Baz Baz, creacións pubricadas en varios poemarios que, por desexo do próprio autor, foron presentados na nosa vila.
5º.- Que ninguén que coñecese de preto a Xosé Carlos Gómez Alfaro, dubida do seu compromiso coa Historia do noso País e cos que deron mesmo a vida, en defensa das libertades democráticas
6º.- Que Xosé Carlos Gómez Alfaro foi un poeta que amou as verbas do agro e do mar, legándonos colleitas abondosas e un ronsel de poemas nos que A Guarda e o Ribeiro, son os eixos da súa inspiración poética.
Por iso, e por moitas razóns máis, coidamos que en xusta correspondencia, tódolos guardeses de bén estarésmolle agradecidos por todo canto Xosé Carlos Gómez Alfaro fixo, por e para A Guarda.
Relembrar súa figura humana e literaria é un xeito de te-lo na nosa memoria colectiva.
Promover un certame poético que leve seu nome, ben podería ser outro xeito de agradecerlle súa achega o noso acervo cultural.
Nomealo Fillo Adoptivo de A Guarda é un acto de xustiza.
En base os méritos amplamente acreditados por Xosé Carlos Gómez Alfaro,
SOLICITO:
Que o Alcalde de A Guarda, convoque un Pleno Extraordinario con un único punto na Orde do Dia:
- PROPOSTA DE HOMENAXE PÓSTUMA O PROFESOR E POETA D. XOSÉ CARLOS GÓMEZ ALFARO.
E dese xeito ou doutro que pudera proceder, segundo o previsto no vixente Regulamento de Honras e Distincións, dar escomenzo o procedimento para nomear a Xosé Carlos Gómez Alfaro, Fillo Adoptivo de A Guarda.
É de facer en Xustiza que prega na Guarda, a 20 de xuño de 2009.
SR. ALCALDE – PRESIDENTE DO CONCELLO DE A GUARDA

Ningún comentario:
Publicar un comentario