12 de maio de 2009

RECANTO DA ARTE

"Cerezas", de María Elena Cividanes Álvarez


"As Aceñas", de María Elena Cividanes Álvarez


Infogauda / A Guarda

Como se pode comprobar, a pintora de Salcidos (A Guarda), María Elena Cividanes Álvarez vén de agasallarnos con dúas novas creacións da súa autoría: "Cerezas" e "As Aceñas".

Trátase - a vista está - de dúas fermosas obras, realizadas o acrílico, nas que Mª Elena Cividanes resolve con éxito a dificultade compositiva en dous temas sensiblemente diferentes, conquerindo ó mesmo tempo un cromatismo axeitado a cadansúa obra. Nas cereixas, a pintora focaliza a atención do espectador da súa obra, dándolle todo o protagonismo os froitos maduros, no medio das ponlas da árbore, ateigada de froitos e de follas, brillantes, cheas de vida. Entre saborosas cereixas andan nestes días os merlos, co seu característico canto de primaveira, preparándose para o rito que precederá o acto de amor que dará continuidade a súa especie.

Na obra "As Aceñas", a pintora recrea un dos lugares máis fermosos que bañan as augas do Carballas, o derradeiro río, pola ribeira galega, que achega caudal a Pai Miño.

No cadro podemos ollar unha luz cenital, que incide nunha estructura pétrea que coa súa perspectiva dálle profundidade os sucesivos planos desta obra, de afortunada execución técnica.

Noraboa Mª Elena e moitas grazas pola túa colaboura con este xornal dixital, que agradecemos infinito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario