12 de maio de 2009

A GUARDA

A PRIMAVEIRA AINDA NON CHEGOU AS XARDIÑEIRAS DA RÚA VICENTE SOBRINO, EN PLENO CENTRO DA VILA DE A GUARDA





Infogauda / A Guarda
A rúa Vicente Sobrino presenta desde fai bastantes meses, as probas inequívocas de que a estación primaveiral ainda non chegou a ese transitado lugar do centro da vila de A Guarda (Pontevedra). A vista das fotografías que lles amosamos, esas xardineiras non soio non teñen unha axeitada presentación, que tódolos comerciantes da zoa e veciños, en xeral, do termo municipal de A Guarda, así como visitantes, merecen; senón que amosan evidentes signos de abandono e suciedade, representando ó mesmo tempo, un craro perigo, especialmente para os máis pequenos e tamén para as persoas invidentes.
Aparte da indecorosa presentación, as xardineiras teñen unha terra que semella improductiva, pois non teñen nin a máis mínima mostra de vexetación. Te-las dese impresentable xeito, demostra craramente a nula sensibilidade dalgunhas persoas que ostentan cárregos de representación no concello guardés.
Desde Infogauda coidamos que é necesario que a primaveira chegue dunha vez por todas, a rúa Vicente Sobrino. Os comerciantes e os veciños, ben merecen que esa rúa poida ser disfroitada por todos e xa que hai xardineiras, que éstas estén en condicións, bén ubicadas - e non a chou, como están desde fai meses - e ¿porqué non? con algunhas prantas ou arbustos, que para iso foron colocadas no seu día. ¿Ou non?

Ningún comentario:

Publicar un comentario