16 de maio de 2009

CINEMA GALEGO

Nova curta engadida Linguas cruzadas


Estreamos nova curta en Flocos.tv: Linguas cruzadas de María Yáñez, Mónica Ares (2007). Podes botarlle unha ollada aquí.

SIPNOSE
En que fala a mocidade galega e por que? Perviven os estereotipos que marcan os falantes de galego ou de castelán? Existe conflito por culpa da lingua? Que lle falta ao galego para estar normalizado? Que futuro lle espera? Linguas cruzadas é un documental de 50’ que afonda na cuestión sociolingüística a través da xente nova, da primeira xeración da historia que tivo o galego como lingua oficial.
Xente de menos de 30 anos que creceu aprendendo galego na escola e escoitándoo na TVG e na RG. Co convencemento de que as experiencias e opinións desta xeración son clave para entender o estado actual da lingua e os retos para o futuro, o documental recolle as opinións de máis de 35 persoas, centrándonos en 5 personaxes que representan outros tantos paradigmas de falantes na mocidade actual.
Director: María Yánez, Mónica Ares
Duración: 49´ 54”
Ano: 2007
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario