16 de maio de 2009

CINEMA GALEGO

Nova curta engadida en Flocos.tv: Batea


Flocos.tv
Estreamos nova curta en Flocos.tv: Batea de Xosé Vilaboy (1999). Podes botarlle unha ollada aquí.

SIPNOSE

É unha historia da loita pola superación do individuo e de como accións individuais exercen de catalizador, xerando accións colectivas.
Amence, un home aproxímase nadando a unha batea. Ante si, a soidade dun espazo inmenso. Unhas bailarinas- ninfas espertan do seu letargo. Ao unísono todos se achegan a un clímax coreográfico danzando ata o anoitecer. O home nada lentamente, diríxese ata a seguinte batea, pérdese na noite, vai tranquilo, non ten présa, ten tempo, moito tempo, ata o amencer...
Director: Xosé Vilaboy
Duración: 12´ 16”
Ano: 1999
Ficha na web da Axencia Audiovisual Galega

Ningún comentario:

Publicar un comentario