20 de mar. de 2009

O ROSAL: AS CLASES DE PINTURA TRASLADÁRONSE DO CENTRO SOCIAL Á ANTIGA ESCOLA DE SIMÓN DEL MAZO

Reportaxe: Concello do Rosal






Recentemente as clases de pintura organizadas pola OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Rosal trasladáronse da aula do Centro Social Polivalente ao edificio municipal e antiga escola da rúa Simón del Mazo.
Dende 2003 estas clases están impartidas por Águeda Suárez Vicente, con grupos de entre 20 e 30 alumnos cada ano. No actual cursan 24 usuarios repartidos en tres grupos (dous o venres de tarde e un o sábado de mañá, hora e media á semana).
Os alumnos das clases de pintura -segundo afirma orgullosa Águeda- soen realizar exposicións con motivo das Festas do Pilar, do Cabaqueiro ou da Feira do Viño a refire que aínda algúns conseguiron vender cadros propios. Empregan distintas técnicas (acuarela, témpera, tinta china, pastel, carboncillo…) pero sobre todo usan o óleo.

Lembra Silvia Baquero Pereira, responsable da OMIX, que este curso está dentro do Programa Integral de Animación Cultural xunto cos de ximnasia funcional, mantemento, ioga ou o obradoiro de memoria que se desenrolan na actualidade nas dependencias municipais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario