26 de feb. de 2011

EDITORIAL


A LIBERTADE DE EXPRESIÓN NA PICOTA


Desde que Infogauda escomenzou súa andaina, sabíamos que a nosa labor informativa ía colisionar, sen nós pretende-lo, co pacato concepto, que para algúns ten á libertade de expresión. Desde fai máis de 30 anos que vimos desenvolvendo labouras informativas en diferentes medios e soportes de comunicación, sabemos que neste país, algúns miserables, non dubidan en recorrer a Administracíón de Xustiza para tentar aguilloar a todo aquel que non lles baile a auga.

Infogauda non lle segue o xogo a ninguén, nomeadamente os que teñen, entre outras, á responsabilidade de render públicamente, contas da súa xestión.

Infogauda non está o servizo espurio de naide, e polo tanto desde un primeiro intre quixemos que este modesto medio de información dixital fose participativo, de todos e para todos. Algúns, os mediocres, optaron por facer ver que nos ignoraban. Súa actitude era pura pantomima. Estaban ahí, o axexo, como vulgares esperistas, a que nos confiásemos, namentras eles, maquinaban como levarnos a picota. Infogauda non lles é indiferente. Todo o contrario. Sobor de todo porque é un medio que reflicte opinións da cidadanía, e cando os veciños amosan seu grado de insatisfacción, seu malestar, súa repulsa, seu rexeitamento, súa crítica,..., ás actitudes e comportamentos de algúns, semella que iso, a algúns demócratas de medio pelo, non lles agrada.
Sabíamos que algún día tentarían calarnos. Xa están nesa faena. O mecanismo xa o teñen en marcha.
Queren levarnos a picota. Así é, como algúns persoeiros entenden a libertade de expresión. Así é, como algúns nos amosan o que verdadeiramente son. É hora que quiten súas caretas. Dóelles que algúns veciños expresen públicamente o que pensan.
Que saiban eses adalides que poderán tentar silenciarnos e ata poida que o conquiran, pero non poderán calar os guardeses que son críticos con eles.
Infogauda