Amosando publicacións coa etiqueta CAMPOSANCOS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CAMPOSANCOS. Amosar todas as publicacións

19 de nov. de 2011

CAMPOSANCOS

A PASAXE DEBERA CONTAR CON UN CENTRO MUSEÍSTICO INTERDISCIPLINAR

- A actividade comercial, educativa, deportiva, industrial e pesqueira dese barrio de Camposancos, debería estar representada nesa instalación cuia creación propomos

Fotografías: Santiago Baz Lomba




Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos




As fermosas fotografías do fotógrafo guardés Santi Baz Lomba, incluídas no seu álbum Lembranzas do século pasado, constitúen todo un documento que reflicte o bon facer dos carpinteiros de ribeira de Asteleiros Joaquín Castro, de A Pasaxe (Camposancos). Esa embarcación - que loce no porto de Baiona -, como outras máis, entre elas a Olatrane Sanlúcar, ou La Niña III, capitaneadas polo navegante navarro Carlos Etayo Elizondo, e tamén moitas construídas para á actividade pesqueira; son o noso entender, razóns de peso, para tentar rescatar todo o material que sexa posible, e impulsar á creación dunha instalación museística na Pasaxe, xa que nese barrio de Camposancos, téñense desenvolvido, o longo de moitas décadas, diferentes actividades económicas (incruso o contrabando), educativas (co vello colexio dos Xesuitas como máximo expoñente nese ámeto), comerciais, deportivas, industriais e pesqueiras, que ben merecen estar representadas na devandita instalación cultural cuia creación propomos. Desde Infogauda coidamos que ese museo sería un referente que ademáis de xerar milleiros de visitas, sería un recramo cultural de primeiro orde. Recramo que podería vencellarse a outros xa existentes no termo municipal de A Guarda, co cal podería conquerirse que a estadía dos potenciais visitantes se incrementase, de tal xeito que a Cultura, en primeiro lugar, e por extensión, a economía do pobo guardés, se visen potenciadas con esa infraestructura. Para súa creación, coidamos que se debería crear unha fundación ou ente semellante, no que estivesen representadas diversas entidades de ámeto local (Entidade Local Menor de Camposancos, Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos, Concello de A Guarda, etc.), xa que dese xeito, pensamos que podería conquerirse máis doadamente súa materilización, para a cal, evidentemente, se deberán recabar recursos económicos e materiais doutras entidades de ámeto superior.
Esa é a nosa modesta aportación. Agora correspóndelle os representantes doutras instancias valora-la e decidir se queda niso, nunha proposta, ou se teñen a visión necesaria para asumi-la e tentar de face-la realidade, máis cedo que tarde.

17 de maio de 2011

CAMPOSANCOS

DE LAMENTABLE COMPRE CALIFICAR O ESTADO QUE PRESENTAN ÁS PASARELAS DE "PROTECCIÓN DUNAR" DAS PRAIAS DE CAMPOSANCOS



De abandono e de desidia do chamado grupo de goberno, e boa mostra a imaxe que ofrecen a própios e visitantes, as pasarelas de "protección dunar" das praias de Camposancos

Foto: Atrisca



Infogauda / Camposancos


En pleno mes de maio, algúns semellan andar máis atarefados nas labores própias da campaña electoral que nas do servicio á cidadanía. Para mostra un botón: As pasarelas de "protección dunar" das praias de Camposancos.


Calquer veciño ou visitante que se achegue a ese privilexiado entorno natural pode decatarse do abandono e da desidia existente, tanto por parte do chamado grupo municipal de goberno do Concello de A Guarda, como da Entidade Local Menor de Camposancos.


As devanditas pasarelas non cumpren coas funcións para as cales foron intaladas no seu día, xa que están de calquer xeito, esparexidas por riba da vexetación dunar, como se de refugallos de tratase. E todo iso, coa complacencia de algúns que non queren ollar o que é evidente para todo o mundo, menos para eles, que miran para outro lado.


Lamentable e incalificable, á actitude de uns e outros.



6 de xan. de 2011

CAMPOSANCOS

OBRAS NO ANTIGO ASTELEIRO DE JOAQUÍN CASTRO

ESTAMOS DIANTE DUNHA OBRA LEGAL OU ILEGAL?

SE NO CONCELLO NON HAI PROXECTOS E A OBRA CARECE DE LICENCIA, PODE LEVARSE A CABO A MESMA OU SE TRATA DUN POSIBLE CASO DE PREVARICACIÓN OU DE CORRUPCIÓN URBANÍSTICA?


Asociación Naturalista Baixo Miño (ANABAM) / Camposancos
O antigo asteleiro de Joaquín Castro, na marxe do Miño, está sufrindo un cambio total e drástico. Se está procedendo a unha remodelación do mesmo. Pero non sabemos realmente que é o que se está a facer alí; non coñecemos a envergadura do proxecto; non sabemos a que se vai dedicar; non sabemos se haberá productos tóxicos, perigosos, contaminantes...; descoñecemos se se producirán ruídos...

A obra, polo volume supoñemos que é unha obra maior, carece de cartel. Non sabemos quen é o propietario; quen leva a cabo as obras; quen é o resposnable do proxecto... Non sabemos nada.

Así que, diante deste panorama soamente nos queda pensar mal. Se este é o Premio Edén que concederon ao Concello da Guarda; se este é o Horizonte Natural, mal lle vai ir ao Esteiro do Miño de seguir polo camiño da ocultación de datos.

COMENTARIOS DOS LECTORES DE INFOGAUDA
O CATA DA JALLEIRA dixo:
Que casualidade que agora os de Anabam denuncien este asunto. Xa fai máis de tres meses que se está coa obra e nun pasaron por esa zona os naturalistas durante ese tempo? Que agora non veñan de salvadores da patria. Varias persoas xa denunciaron antes este tema. Tiñan que faelo antes. Non nos convencen agora.
Anónimo dixo:
Vendo este comentario que e certo e un pouco en broma, lles diréi que parece que por ese lado do río xa no hai páxaros, fuxiron pra zona do camping, que e territorio comanche e están ben protexidos, xa que coas obras do astillero estaban estresados.E tamen con os de Anabam saben que os paxariños e non paxariños ao non ser socios do Club Codesal e non ser propietarios de algún apartamento na ORMONA xa non andan por esa zona, por iso non se percataron das obras.
Anónimo dixo:
Tal vez os de Anabam non superan das obras porque seguramente os paxariños e non paxariños seguramente non son socios e amigos do club de tenis e natación, e tamen non teñen apartamentos da ORMONA, e por iso non andan por esos lares. Os paxariños e non paxariños están ben protexidos da zona do camping que e territorio comanche e non sufren estrés polo ruido das obras, por os berros dos socios e aficionados do tenis e natación, non teñen tanta contaminación dos fumos pos coches e tamen no se estresan da xente que vai pra a praia de bandeira azuliña que tenemos dispóis do complexo de vivendas algunhas ilegáis con sentencia de derribo que os políticos de turno siguen faendo caso omiso, etc.,etc.
Eulogio dijo:
Para tranquilidad de los lectores de INFOGAUDA, les diré, que esas clandestinas "actividades", no cuentan con licencia municipal, porque tampoco cuentan con las preceptivas autorizaciones autonómicas y estatales necesarias... además de que el PROYECTO necesario, se encuentran en fase de elaboración en un estudio de arquitectura/ingeniería de Vigo. Pero no cabe duda, que para hacer lo que están haciendo... supuestamente deben tener algún "acuerdo" municipal. Digo yo. Porque sino, es imposible tal desvergüenza, de quien la hace y quien la permite. Es que además tales actividades (aumento de volumen y de valor expropiatorio en zona de influencia de la servidumbre de protección de costas) están totalmente prohibidas.
Pero para tranquilidad de ANABAM -así no tendrá que denunciar en "altas instancias"-, esa movida se encuentra ya denunciada ante el AYUNTAMIENTO (perdida de tiempo), la CMATI (Serv. Inspección do Litoral de la APLU), MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE (Remarcación de Costas) y por supuesto... ante la FISCALIA DE URBANISMO Y MEDIO AMBIENTE. Será suficiente.
¿Y ahora qué, Sr. Alcalde?. ¿Va a "rexeitar" tambén esa denuncia con ayuda de su "club C.G.L.", por "falta de lexitimación activa"... con aplicación de esa anticonstitucional "inhabilitación para la acción pública", "descubierto" por su asesor y puesto en boga por este Gobierno Local... creyendo que con ello, se acabaría quien le descubre hoy sí, y mañana también, las constantes falcatruadas.
¡Vaya rostros, que hay que tener!.
Eulogio dijo:
Para información de los lectores de INFOGAUDA, les diré que, estas obras no pueden tener ningún tipo de licencia municipal... puesto que no existe ni siquiera el necesario PROYECTO (se está empezando a elaborar en estos momento, en un estudio de Vigo). Y no puede tener autorización autonómica y/o estatal... porque estamos hablando de un prohibido aumento de volumen (zona de influencia de la servidumbre de protección de costas), no una simple reparación o mantenimiento que sí se permitiría.
¿Y el Ayuntamiento era consciente de lo que estaba haciendo?. Desde luego que sí (de algo habrán valido las visitas del promotor), digo yo. Sino ¿de que hablaban?. Y además, el Concejal de Urbanismo y Alcalde - son la misma persona -, en el momento de la denuncia presentada, debería haber paralizado inmediatamente toda actividad... sin embargo, se apreció más actividad que nunca.
¿Y el responsable donde estaba o está?.
Para tranquilidad de ustedes - y de ANABAM, que así no tendrá que "perder" el tiempo en denunciar en "altas instancias"-, les aseguro que a día de hoy, estos hechos han sido denunciados en: El AYUNTAMIENTO (pérdida de tiempo), CMATI (Ser. Inspec. do Litoral de la APLU), MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE (Demarcación de Costas) y ... MINISTERIO FISCAL DE URBANISMO Y MEDIO AMBIENTE. Será suficiente.
Ahora, habrá que esperar la respuesta de los "mandamases" municipales. Esos que suelen "inhabilitar para la acción pública", cuando tienen quien les está descubriendo infinidad de falcatruadas. ¿Y ahora, qué Sr. Alcalde?. ¿También "reixetará" por falta de lexitimación activa esta denuncia... con el apoyo de su "club C.G.L."?. Es aberrante esta forma de gobernar.
Eulogio dijo:
Para información de los lectores de INFOGAUDA, les diré que, no puede tener licencia alguna... porque no hay ni proyecto (se está realizando en estos momentos), no hay autorización, porque no puede haberla (se trata de un aumento de volumen, no una reparación) y el Ayuntamiento, o sea el Concejal de Urbanismo y Alcalde (que la misma persona), tenía y tiene conocimiento de todo ello hace bastante tiempo. ¿Y sino que háce en sus constantes visitas el promotor?.
Para tranquilidad de ustedes -y de paso, quitarle el desagradable paso a seguir... a ANABAM-, ya ha sido denunciado, dponde había qu denunciarlo. O sea AYUNTAMIENTO, CMATI (Servicio Inspección del Litoral de la APLU), MINISTERIO DE MEDIO AMIENTE (Demarcación de Costas) y... FISCALÍA DE URBANISMO Y MEDIO AMBIENTE. Ahora toca esperar las respuestas de los gobernantes municipales, de siempre...

10 de nov. de 2010

CAMPOSANCOS

MAGOSTO
SÁBADO 13 DE NOVEMBRO, A PARTIRES DAS 4 DA TARDE, NO TORREIRO DE CAMPOSANCOS

26 de xuño de 2010

CAMPOSANCOS

Xuntanza de Palilleiras en Camposancos organizada pola Asociación “Os Amigos”

Infogauda / Camposancos


A Asociación “Os Amigos” de Camposancos organiza, o domingo, a VI Xuntanza de Palilleiras nos locais do Casino cun programa de actividades que comezará ás 10 da mañá, coa recepción ás palilleiras.
Ás 10.30 horas, e até as 13.00 horas, terá lugar a palillada e posterior xantar de confraternidade no hotel restaurante Pazo Santa Tecla.
As palilleiras voltarán facer unha demostración desta actividade a partires das 16.30 horas e até as 19.00 horas. Deseguido, a cantautora guardesa María José Baz Martínez interpretará unha escolma de cancións incruídas no seu CD "Crepúsculo Mental", actuación que porá broche de ouro a VI Xuntanza de Palilleiras.

6 de set. de 2009

CAMPOSANCOS

LANCHAS PORTUGUESAS CAUSAN MALESTAR A BAÑISTAS

Foto: Isasaracho
PORTUGUESES UTILIZAN A PRAIA DA LAMIÑA COMO ZONA DE AMARRE

Anabam / Camposancos

Os bañistas quéixanse deste feito e piden a ANABAM que lles axude para evitar accidentes.
MÁIS...

4 de set. de 2009

CAMPOSANCOS

SÁBADO 5 DE SETEMBRO, NO TORREIRO DE CAMPOSANCOS, XORNADA DE XOGOS POPULARES, ORGAIZADA POLA ASOCIACIÓN OS AMIGOS



Infogauda / Camposancos

Co patrocinio da Entidade Local Menor de Camposancos, a Asociación Recreativa e Cultural Os Amigos, de Camposancos orgaiza este sábado día 5 de setembro, a partires das 4 da tarde, no torreiro de San Amaro, unha sesión de Xogos Populares na que poderán participar tódolos veciños de 1 a 99 anos de edade.
Asemade, a partires das 7 da tarde haberá unha mariscada con viño tinto e pan de broa, a que están convidados tódolos veciños de Camposancos.

4 de ago. de 2009

CAMPOSANCOS

O Ferri-Boat Santa Rita de Cássia, de novo no "carro"




Infogauda / Camposancos


"O ferry-boat Santa Rita de Cássia é um meio de transporte da Câmara de Caminha que assegura as travessias diárias entre Caminha e A Guarda". Iso é o que "informa" - cando máis ben acontece o contrario, alomenos neste asunto concreto - na súa web a Câmara Municipal de Caminha. A realidade é ben diferente. O ferri está no "carro" dos Asteleiros Joaquín Castro desde fai uns días. Máis ninguén dixo nada. Debe ser que como Caminha e A Guarda están en festas, non é preciso informar puntualmente a cidadanía. En Infogauda temos a firme convicción, de que as administracións municipais respectivas, deberan informar dese feito, a traverso de tódolos medios de comunicación para evitar no posible os quebrantos que se lles ocasiona as tódalas persoas que somentes cando chegan a estación marítima - esa é outra!!! - da Pasaxe, é cando saben que o ferri Santa Rita de Cássia está temporalmente fora de servicio.

De tódolos xeitos, a Câmara Municipal de Caminha non dubida en "informar" na devandita web, nos seguintes termos:

"Sempre que o tráfego o justifique o ferry-boat funciona ininterruptamente, bem como o respectivo horário pode prolongar-se".
Paradóxicamente a Câmara Municipal de Caminha non se digna informar na súa páxina web que o ferri-boat está en dique seco. E o Concello de A Guarda, para non ser menos, tampoco o fai na súa. Como se dí coloquialmente, éche o que hai!!!
Que cada ún tire súas própias concrusións.