19 de nov. de 2011

CAMPOSANCOS

A PASAXE DEBERA CONTAR CON UN CENTRO MUSEÍSTICO INTERDISCIPLINAR

- A actividade comercial, educativa, deportiva, industrial e pesqueira dese barrio de Camposancos, debería estar representada nesa instalación cuia creación propomos

Fotografías: Santiago Baz Lomba




Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos




As fermosas fotografías do fotógrafo guardés Santi Baz Lomba, incluídas no seu álbum Lembranzas do século pasado, constitúen todo un documento que reflicte o bon facer dos carpinteiros de ribeira de Asteleiros Joaquín Castro, de A Pasaxe (Camposancos). Esa embarcación - que loce no porto de Baiona -, como outras máis, entre elas a Olatrane Sanlúcar, ou La Niña III, capitaneadas polo navegante navarro Carlos Etayo Elizondo, e tamén moitas construídas para á actividade pesqueira; son o noso entender, razóns de peso, para tentar rescatar todo o material que sexa posible, e impulsar á creación dunha instalación museística na Pasaxe, xa que nese barrio de Camposancos, téñense desenvolvido, o longo de moitas décadas, diferentes actividades económicas (incruso o contrabando), educativas (co vello colexio dos Xesuitas como máximo expoñente nese ámeto), comerciais, deportivas, industriais e pesqueiras, que ben merecen estar representadas na devandita instalación cultural cuia creación propomos. Desde Infogauda coidamos que ese museo sería un referente que ademáis de xerar milleiros de visitas, sería un recramo cultural de primeiro orde. Recramo que podería vencellarse a outros xa existentes no termo municipal de A Guarda, co cal podería conquerirse que a estadía dos potenciais visitantes se incrementase, de tal xeito que a Cultura, en primeiro lugar, e por extensión, a economía do pobo guardés, se visen potenciadas con esa infraestructura. Para súa creación, coidamos que se debería crear unha fundación ou ente semellante, no que estivesen representadas diversas entidades de ámeto local (Entidade Local Menor de Camposancos, Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos, Concello de A Guarda, etc.), xa que dese xeito, pensamos que podería conquerirse máis doadamente súa materilización, para a cal, evidentemente, se deberán recabar recursos económicos e materiais doutras entidades de ámeto superior.
Esa é a nosa modesta aportación. Agora correspóndelle os representantes doutras instancias valora-la e decidir se queda niso, nunha proposta, ou se teñen a visión necesaria para asumi-la e tentar de face-la realidade, máis cedo que tarde.

2 comentarios:

  1. O futuro da Guardia pasa irrmediablemente polo turismo de calidade, explotando os seus recursos naturales e culturales que son únicos. Pero a ceguera dos políticos está aí...
    Respecto ó museo da pasaxe, recordo que hai anos que xa se falou deso incluso con xente do concello e para montalo na nave da camposina..pero ó final nada de nada.. En fin é o que temos. Estou de acordo coa proposta. Unha seguidora

    ResponderEliminar
  2. Buscando na red atopei este enlace no que aparece a nave da camposina... navemultiusos.blogspot.com Non sei de quen é ahora...

    ResponderEliminar