6 de nov. de 2026

A GUARDA

O Grupo Veraleza recibe un accésit nos Premios A3E por impulsar unha floricultura máis sostible 

•  O recoñecemento pon en valor a estratexia enerxética do grupo galego, que impulsa en Floricultura Toxal o maior proxecto de xeotermia de baixa entalpía desenvolvido ata a data en España. 


O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, con Fernando Otero, director do Grupo Veraleza, e outros premiados
Foto: Cedida

Infogauda/A Guarda 

 O Grupo Veraleza recibiu un accésit na categoría «Compromiso coa Eficiencia Enerxética e a Sustentabilidade» dos XIII Premios A3E, celebrados este xoves en Santiago de Compostela. Fernando Otero, CEO do grupo, recolleu este recoñecemento, que distingue a aposta da compañía por integrar a innovación tecnolóxica, as enerxías renovables e a eficiencia enerxética no seu modelo de crecemento e na transformación da floricultura desde Galicia. 

 Organizados pola Asociación de Empresas de Eficiencia Enerxética (A3E), os premios reuniron máis de 50 candidaturas de toda España. O Grupo Veraleza foi unha de las tres candidaturas finalistas da súa categoría, que recoñece o compromiso empresarial coa eficiencia enerxética e a sustentabilidade. Unha distinción que pon en valor a súa aposta pola innovación tecnolóxica, a modernización das súas instalacións e un modelo produtivo máis eficiente e sostible. 

Floricultura Toxal, un proxecto pioneiro na transformación enerxética do sector 

 Un dos principais expoñentes desta estratexia é o proxecto que o Grupo Veraleza desenvolve en Floricultura Toxal, empresa do grupo dedicada á produción de flor cortada e situada na Guarda (Pontevedra). A actuación contempla a posta en marcha de la maior instalación de xeotermia de baixa entalpía desenvolvida ata a data en España, cunha potencia térmica total prevista de 9.469 kW unha vez finalizada. 

 O proxecto contempla a execución de 454 pozos xeotérmicos e un investimento que rolda os 10 millóns de euros, con finalización prevista en 2030. Esta infraestrutura permitirá aproveitar a temperatura estable do subsolo para climatizar os invernadoiros mediante bombas de calor, reducindo significativamente o consumo de enerxía convencional, as emisións de CO₂ e a dependencia de combustibles fósiis. 

 A xeotermia constitúe unha solución especialmente relevante para a floricultura, unha actividade en la que o control da temperatura resulta determinante para garantir as condicións óptimas de produción. A súa aplicación permitirá avanzar cara a instalacións produtivas máis eficientes, cun menor impacto ambiental e unha maior capacidade de control sobre os procesos de cultivo.  

Un paso cara á floricultura do futuro 

 Actualmente, o Grupo Veraleza conta con 350 kW de xeración fotovoltaica e 560 kW de almacenamento en baterías, infraestruturas que, xunto ao proxecto xeotérmico de Floricultura Toxal, reflicten a súa aposta pola innovación, a eficiencia enerxética e a descarbonización. 

 O accésit dos Premios A3E recoñece así a estratexia do Grupo Veraleza para impulsar a industrialización da floricultura en Galicia, avanzando cara a un modelo produtivo máis innovador, eficiente e sostible.

Ningún comentario:

Publicar un comentario