A Xunta de Galicia avoga en Mondariz Balneario pola implicación das mulleres en políticas a prol do emprendemento e da economía social
Infogauda/Mondariz Balneario
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, acompañada pola directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, participou hoxe en Mondariz na segunda edición do Parladoiro #MulleresQueContan, onde puxo de relevo a importancia da implicación da muller en políticas a prol do emprendemento e da xeración de actividade empresarial que poña no centro as persoas e non só a rendibilidade económica.
A directora xeral celebrou ter comprobado á súa recente chegada ao cargo que arredor dun 60 % das persoas atendidas na Rede de polos de emprendemento son mulleres, como mostra do seu potencial á hora de dar pulo ao tecido produtivo galego. Así mesmo, referiuse a iniciativas vixentes para seguir nesta senda como o programa autonómico Medrando Xuntas, a prol do liderado feminino na economía social galega. Cómpre engadir que o foro abordou ámbitos concretos como o termalismo e desafíos do mercado laboral como a presenza feminina en sectores masculinizados.

Ningún comentario:
Publicar un comentario