5 de out. de 2026

DEPORTES

PIRAGÜISMO

BRONCE PARA LUÍS FERNÁNDEZ, NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE SLÁLOM  

Luís Fernández - á der. - con Marc Vicente - no centro - e Azuka Mbelu, coas súas respectivas medallas logradas en C1 ou canoa sénior, na canle de Slálom do Parc Olimpic do Segre, na Seu D´Urgell


Informa (fotos e redacción): Rosa Fernández Carrera

 A semana pasada pechouse a tempada internacional de slálom, e esta semana rematou a nacional co Campionato de España de Slálom, a súa competición máis importante. Tivo lugar na canle de Slálom do Parc Olimpic do Segre, na Seu D´Urgell, o sábado clasificatorias e o domingo finais cos dez mellores tempos de cada categoría.  

 Tan so dous deportistas representaron ao Club Deportivo Miño-Teixugos no evento.  

Luís Fernández
Ainhoa Lameiro

 Luís Fernández, na modalidade de C1 ou canoa sénior, conseguiu con comodidade o pase a finais ao rematar as dúas clasificatorias do sábado co terceiro mellor tempo. O domingo, nas finais Luís fixo de novo unha gran baixada, sen penalizacións, rematando terceiro, por detrás de Marc Vicente e Azuka Mbelu do club local, acadando, por tanto, a medalla de bronce.  

 Nerea Álvarez, en C1 xuvenil, con dúas baixadas moi correctas nunha canle tan complicada, tamén conseguiu o pase a finais. Na final do domingo, rematou novena, posto que da fe do seu bo momento deportivo.  

 Ademais da gran actuación dos teixugos hai que destacar a actuación doutra galega, a canoísta do Piragüismo Penedo, Ainhoa Lameiro, que se proclamou campioa de España de C1 sénior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario