22 de out. de 2026

A GUARDA

O VIDOC VOLVERÁ Á GUARDA PARA A RENOVACIÓN DO DNI E PASAPORTE 

• O Vehículo Integral de Documentación instalarase no noso municipio o mércores 4 de novembro

• As persoas interesadas en realizar os trámites deberán pedir cita previa o martes 27 de outubro, a partir das 9:00 horas, presencialmente na planta baixa do Concello ou no teléfono 986 61 00 00   




Infogauda/A Guarda 

 O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional volve no mes de novembro para a expedición e renovación do pasaporte e do Documento Nacional Identidade (DNI).  

 Poderase pedir cita para a renovación ou expedición do DNI ou pasaporte a partir deste martes, 27 de outubro, de forma presencial no mostrador de información da planta baixa do Concello ou chamando ao 986 61 00 00 a partir das 9:00 horas.  

 O Vehículo Integral de Documentación (VIDOC) instalarase na Praza do Reló, o mércores 4 de novembro. Atenderase de 9:10 a 12:30 horas, só con cita previa.   

 Desde o Concello da Guarda lembran que só é preciso acudir a unha cita para a realización de todo o trámite e se debe asistir á mesma cunha fotografía, co DNI, coas taxas correspondentes do servizo e a documentación necesaria en cada caso.  

 As familias numerosas dispoñen do servizo gratuíto. No resto dos casos, o pasaporte sempre ten unha taxa de 30€ e o DNI de 12€, agás que sexa por cambio de domicilio e aínda estea en vigor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario