As concelleiras do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Tomiño felicitan a toda a veciñanza
• Con motivo das festas patronais de Nosa Señora do Alivio
Violeta de Santiago e Mirta Misa, concelleiras do PSdeG na corporación municipal, en nome da Agrupación Socialista de Tomiño, desexan a toda a veciñanza unhas felices festas patronais de Nosa Señora do Alivio.
O Alivio son as festas que nos unen. Unha celebración que se vive en cada fogar de todas as parroquias do concello, enchéndonos de ledicia, orgullo e unidade.
Nestes días de celebración, queremos enviar un agarimoso saúdo e unha lembranza especial a quen estea a pasar por un momento difícil, cos mellores desexos para unha pronta recuperación ou solución aos seus problemas.
Así mesmo, convidamos a vivir estas festas con moita ilusión, pero tamén con civismo e responsabilidade, para que sexan uns días seguros e respectuosos para todo o mundo.
Felices festas!
Viva o Alivio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario