Medio Rural explica no II Foro Terras Gauda as súas medidas para protexer o sector primario galego no novo contexto do comercio internacional
Juan José Cerviño, director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria da Consellería do Medio Rural, nun momento da súa participación na mesa redonda
Foto: XG
Infogauda/O Rosal
O director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Juan José Cerviño, participou este mediodía na mesa redonda sobre a resposta desde as políticas públicas en España e Galicia dentro do II Foro Rural Terras Gauda O sector agroalimentario galego no novo contexto do comercio internacional.
Na súa intervención, que tivo lugar na bodega Terras Gauda no Rosal, Cerviño debullou as diferentes medidas impulsadas pola Xunta para protexer o sector primario galego ante a sinatura de acordos comerciais coma Mercosur. Así, lembrou o desenvolvemento dun plan de control específico en Galicia sobre os produtos importados, así como tamén o reforzo da estratexia de promoción dos produtos galegos, de cadea de distribución curta e de proximidade; o fomento dunha estratexia de impulso á exportación de produtos da nosa comunidade co fin de aproveitar as oportunidades dos novos mercados; ou a realización de campañas de sensibilización dos consumidores para incrementar o consumo da produción propia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario