O CONCELLO DA GUARDA ACOLLERÁ ESTA FIN DE SEMANA O IV TORNEO “CAMIÑO POLA COSTA” DE FÚTBOL 7
• A competición celebrarase os días 4 e 5 de xullo no Campo Municipal da Sangriña e combinará deporte, convivencia e unha recollida solidaria de alimentos
Foto:CAG
Infogauda/A Guarda
Vén de ter lugar a presentación oficial do IV Torneo Camiño pola Costa, unha competición de fútbol 7 que volverá reunir a xogadores e afección no Campo Municipal da Sangriña os vindeiros 4 e 5 de xullo.
No acto participaron o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; o concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas; e o coordinador do torneo, Rubén Verde Lomba; quen destacaron a consolidación desta cita deportiva dentro da programación estival do municipio chegando xa a súa cuarta edición e o seu valor pa ra fomentar a práctica deportiva e a convivencia.
O torneo reunirá durante dúas xornadas a diversos equipos nun ambiente deportivo e festivo, convertendo o Campo Municipal da Sangriña nun punto de encontro para afeccionados e participantes. Ademais da competición, o torneo contará cunha recollida solidaria de alimentos destinada á Asociación San Vicente de Paúl, co obxectivo de combinar deporte e solidariedade.
Ao remate da xornada, a organización repartirá premios económicos e trofeos para os tres primeiros equipos clasificados: 800 euros e trofeo para o primeiro clasificado; 400 euros e trofeo para o segundo; e 200 euros e trofeo para o terceiro. Ademais, entregaranse trofeos individuais ao mellor xogador e ao mellor porteiro do torneo, recoñecendo así o rendemento dos participantes ao longo da competición.
O IV Torneo Camiño pola Costa conta coa colaboración de diversas entidades e asociacións locais, así como do Concello da Guarda, a Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
.jpeg)
Ningún comentario:
Publicar un comentario