O DEPORTE CONTINÚA ESTA FIN DE SEMANA EN A GUARDA CO I ABERTO DE XADREZ ALBATROS
• A competición, válida para Elo e enmarcada no XXX aniversario da ACD Albatros, celebrarase os días 4 e 5 de xullo no local da Asociación Recreativa e Cultural "Os Amigos" de Camposancos
Infogauda/A Guarda
Vén de ser presentado o I Aberto de Xadrez Albatros, unha nova competición organizada polo club Xadrez Albatros que celebrará a súa primeira edición esta fin de semana, 4 e 5 de xullo, no local da Asociación Recreativa e Cultural "Os Amigos" de Camposancos.
No acto de presentación participaron o alcalde da Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; o concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas; e o presidente do club Xadrez Albatros e director do torneo, Miguel Reboredo Otero.
Este torneo constitúe unha das actividades programadas para conmemorar o XXX aniversario da Asociación Cultural Deportiva (ACD) Albatros (1996-2026), tres décadas de historia promovendo o xadrez no municipio.
A competición será válida para Elo - sistema numérico que mide a forza ou habilidade dun xogador no xadrez. Recibe o seu nome do seu creador, o físico e mestre de xadrez Árpád Élő - e estará aberta a xogadores e xogadoras federados na presente tempada cun Elo igual ou inferior a 2.200 puntos. O torneo contará cun máximo de 80 participantes, que competirán ao longo de seis partidas distribuídas en dúas xornadas, cunha rolda pola mañá e dúas pola tar de en cada unha delas.
O equipo técnico estará formado por Miguel Reboredo Otero, como director do torneo; Khaled Ounes Baz, como árbitro principal; e Francisco Alonso Dorado, como árbitro adxunto, garantindo o correcto desenvolvemento dunha competición que nace coa vocación de consolidarse dentro do calendario deportivo galego.
A organización repartirá premios aos mellores clasificados, con 130 euros e trofeo para o primeiro clasificado, 110 euros e trofeo para o segundo e 80 euros e trofeo para o terce iro. Ademais, entregaranse premios ao mellor xogador Sub 1800, ao mellor xogador sen Elo e ao mellor xogador ou xogadora local, recoñecendo o talento dos participantes en distintas categorías.
O I Torneo de Xadrez Albatros Xadrez conta coa colaboración d o Concello da Guarda e agarda reunir durante a fin de semana a xogadores e afeccionados nunha competición agarda reunir durante a fin de semana a xogadores e afeccionados nunha competición que nace coa intención de consolidarse e medrar nas vindeiras edicións.que nace coa intención de consolidarse e medrar nas vindeiras edicións

Ningún comentario:
Publicar un comentario