12 de maio de 2026

DEPORTES

O Tomiño FC abre as súas portas 

   No mes de maio os nenos e nenas que queiran xogar ao fútbol poderán probar no campo do Alivio 




Redacción Deportes / Tomiño

 O Tomiño FC e o Tomiño FC feminino veñen de anunciar a súa integración como un único club co obxectivo de seguir crecendo e sendo un club de referencia na súa contorna. Con ese fin abren as portas dos seus adestramentos en maio para todos os nenos e nenas que queiran xogar ao fútbol. 

 Cada xoves e venres de maio no campo do Alivio haberá adestramentos abertos para todas as categorías: de categoría mini a infantil mixto e de cadete e xuvenil masculino, os xoves; e de catede feminino os venres. 

 Dende o Tomiño FC animan a probar a todos aqueles que teñan ganas de divertirse e xogar ao fútbol nun entorno no que a diversión e o bo ambiente priman sobre todo. Para participar, recomendan contactar antes co coordinador deportivo no teléfono 696 69 03 91. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario