JUDO
AGRADECEMENTOS E RESULTADOS DAS PRIMEIRAS XORNADAS TRANSFRONTERIZAS DE JUDO
• Celebradas no pavillón municipal A Sangriña (A Guarda)
Mónica Pacheco Lomba / A Guarda
Finalizaron as 1ª Xornadas Transfronteirizas de Judo e o III Torneo Internacional de Judo Infantil Santa Tegra e só podemos dicir unha palabra: grazas.
Grazas, en primeiro lugar, á Deputación de Pontevedra, ao Concello da Guarda e á Federación Galega de Judo (con moitos dos seus membros árbitros informáticos e todos os medios materiais por apoiar e crer neste proxecto que segue crecendo ano tras ano.
Grazas tamén ao Judo Club Galicia Sur polo seu traballo na organización, mención especial a Juan Carlos Garabatos e todo o seu equipo, a toda a gran familia do Judo Baixo Miño: pais, nais, judokas, colaboradores e amigos do club que estiveron desde días antes axudando na montaxe, a preparación, a cantina, o desmonte e en todos eses pequenos detalles que fan posible un evento desta magnitude. Sen vós sería imposible.
Queremos agradecer tamén a presenza de todos os clubs participantes e amigos chegados de toda Galicia, así como aos nosos amigos de Italia co club de Judo Frascati e a todos os compañeiros do judo portugués, que unha vez máis compartiron connosco unha xornada de convivencia, deporte e amizade.
Esperamos que fose un gran día de judo para todos. Somos conscientes de que sempre hai cousas que mellorar e tomamos nota para seguir crecendo e ofrecer unha edición aínda mellor o próximo ano.
No deportivo, queremos destacar especialmente aos nosos pequenos judokas de categorías prebenjamín e benxamín, que comezan as súas primeiras competicións aprendendo a xestionar os nervios, as vitorias, as derrotas, o compañeirismo e a convivencia dentro e fóra do tatami. Aí é onde realmente empeza o camiño do judo.
E tamén felicitar aos nosos deportistas de categorías alevín, infantil e cadete, onde conseguimos o primeiro posto, reflectindo o traballo, a constancia e a progresión que aos poucos se vai vendo nos nosos judokas.
Pero por encima de medallas e resultados, quedamos co máis importante: somos unha gran familia, facemos todo xuntos e ese é o verdadeiro camiño do judo.
Grazas a todos e vémonos na próxima edición!
Resultados
Resultados III Torneo Internacional de Judo Infantil dos nosos judokas:
Medallas de ouro
Carlota Calvo, Olivia Álvarez, Angie Leis, Melisa Simón, Karen Castro, Carlota Crespo, Antía Januario, Brais González, Marco Mancebo, Carlos Vicente, Daniel Pérez, Martín González e Eber Cuiñas
Medallas de prata
Uxía Januario, Julia Lomba, Mariia Anna Raznitsyna, Ángela Cadilla, Xavi Zekareyas Lomba, Izan González, Iker Álvarez, Teo Gándara, David Woodward, Camilo Lomba, Aldán Rosi e Miguel Rodríguez.
Medallas de bronce
Ainhoa Cadilla, Ainhoa Paz, Lúa Paredes, Lía Comesaña, Freyja Javanna Bueno de Ávila, Lara de Santiago, Xulia Cividanes, Francisco Álvarez, Teo González, Roi González, Rafael Álvarez, Lúa Álvarez, Gala García e Bosco García.
Galerías de imaxes
• Torneo Santa Trega - Podios 1º Turno
• Torneo Santa Trega - Podios 2º Turno
• Torneo Santa Trega - Podios 3º Turno
• Torneo Santa Trega - Podios 4º Turno
Galerías xerais

Ningún comentario:
Publicar un comentario