A voz de Xosé Luís Franco Grande regresa a casa
• O Concello celebra o Día do Libro cunha homenaxe a este fillo predilecto de Tomiño
• Será coa presentación este venres 24 ás 20 h no Espazo Isaura Gómez de ‘Un intre no tempo’, unha viaxe polos poemarios deste ilustre galeguista
Infogauda / Tomiño
A voz de Xosé Luís Franco Grande regresa a casa.
O Concello renderá homenaxe a un dos seus fillos máis ilustres no Día do
Libro cun acto cargado de emoción e memoria no que se presentará Un
intre no tempo, unha viaxe polos catro poemarios deste intelectual
galeguista nado en Tebra e declarado fillo predilecto da súa terra en 2012.
A cita
será este venres 24 de abril ás 20.00 horas no Espazo Isaura Gómez, con
entrada de balde, nun encontro que busca non só lembrar a figura do autor,
senón tamén sentir e reivindicar o legado dun home esencial na historia
cultural e lingüística de Galicia. Porque Franco Grande foi moito máis que un
escritor, foi poeta, avogado, membro de número da Real Academia Galega e autor
do primeiro dicionario galego-castelán, unha obra fundamental que abriu camiño
para que xeracións enteiras puidesen aprender e vivir en lingua galega.
A súa
traxectoria sitúao como unha figura ponte entre a Xeración Nós e o movemento
galeguista da posguerra, sendo parte activa da chamada Xeración Galaxia, clave
na recuperación cultural nun contexto de represión e silencio. A súa obra
literaria, que abrangue poesía, teatro, ensaio e articulismo, deixa unha pegada
fonda tanto na creación como na defensa da identidade galega.
A
alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quixo destacar a importancia de facer
esta homenaxe a Franco Grande, que “escribiu moito máis que libros, debuxou
camiños para todo un pobo e axudounos a entender quen somos e de onde vimos”. A
rexedora convidou a toda a veciñanza a participar neste emotivo acto, “un
encontro para sentir, para deixar que as súas palabras nos atravesen e nos
acompañen. Porque cando celebramos a figuras como Franco Grande, non só
honramos a súa memoria, senón que mantemos viva a súa voz no presente”.
A presentación de “Un intre no tempo” será, así, unha oportunidade para achegarse á súa obra desde unha mirada actual, redescubrindo a forza da súa poesía e o valor do seu compromiso coa lingua e coa cultura galega. Unha cita para lembrar que hai palabras que non esvaecen co tempo, que seguen construíndo identidade e que, como o propio Franco Grande, sempre atopan o camiño de volta á casa.
Xosé Luis
Franco Grande volve a casa!
No Día do
Libro 2026, rendemos homenaxe a un dos
nosos nomes máis ilustres coa presentación de “Un intre no tempo”, unha viaxe
polos seus catro poemarios.
Venres,
24 de abril
Ás 20.00 h
Entrada de balde
Nomeado en 2012 fillo predilecto de Tomiño, Grande foi intelectual galeguista, escritor, avogado, poeta e membro de número da Real Academia Galega, e autor do primeiro dicionario galego castelán.
Unha cita para sentir, lembrar… e deixarse levar polas palabras.
Para entender o papel de Franco Grande nas letras galegas é imprescindible saber que el e a súa xeración son a ponte entre a Xeración Nós, moitos deles mortos, e outros, os sobreviventes sometidos á crueldade da represión franquista. A Xeración Galaxia, como se deu en chamar a estes sobreviventes do galeguismo da posguerra, conforma unha nova xeración de mozos forxados na Universidade compostelá na continuación do labor regaleguizador iniciado no primeiro terzo do século XX.[6] Franco Grande tivo unha participación decisiva no traballo que desenvolveu a Editorial Galaxia. O seu libro Os anos escuros relata con migalleira análise ese proceso no que van xurdindo novos valores, tanto no ámbito literario como na dinamización cultural e política.
Creador
literario
A obra
literaria de Franco Grande abrangue tódolos campos, iniciándose durante a súa
etapa de estudante en Compostela, onde obtén en cinco ocasións o primeiro
premio e a flor natural nas Festas
Minervais. Con 19 anos de idade, o Centro Gallego de Buenos Aires
outorgoulle o Premio Eduardo Pondal polo seu libro de poemas Brétemas do
vieiro (inédito);[10] en 1957
publicou a peza teatral Vieiro choído.[9] O seu
libro de poemas Entre o
si e o non (1967) foi galardoado co Premio Nacional de
Literatura "Rosalía de Castro".[11] No 1968
publicou a súa obra de vital importancia para a lingua galega, o Diccionario
Galego-Castelán publicado pola Editorial Galaxia o 25 de outubro de 1968.
Unha obra que había ser necesaria, imprescindible, un par de anos máis tarde
cando se incorpora o estudo da lingua
galega no sistema
educativo. Ese dicionario foi un
instrumento de vital importancia para que varias xeracións de galegos e galegas
tivesen a oportunidade de coñecer a lingua galega.[12] Esta
obra foi reeditada moitas veces ata completar un total aproximado de medio
millón de exemplares vendidos. Os dicionaristas adoitan falar do "Franco
Grande" como unha denominación que marcou unha época. Pertence a Xeración das Festas Minervais e ó
movemento literario Escola da
Tebra.[10]
Son
salientables os milleiros de colaboracións como articulista nos medios de
comunicación, sempre defendendo a identidade galega e as súas manifestacións
culturais (La Noche, Ínsula, Aturuxo,
Vida
Gallega, Grial, La Voz de
Galicia, Boletín da Real Academia
Galega etc.).
Escribiu
artigos en revistas especializadas sobre Sebastián Martínez-Risco, Ramón Otero Pedrayo, Eduardo
Pondal, Xaime
Isla Couto, Camilo
Gonsar, Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé Landeira Yrago…[13]
Entre o
si e o non incluíuse na Biblioteca Galega 120.
Foi autor
de varias pezas teatrais, e cultiva tamén o ensaio e a crítica
literaria. A proposta de Ramón
Piñeiro, Marino
Dónega e Domingo García-Sabell,
ingresou na Real Academia Galega en 1978,
pronunciando o 3 de xullo de 1998 o
discurso de ingreso O antigo réxime nunha familia do Baixo Miño,[14][15] que foi
respondido por Luz Pozo Garza.[16] No ano
2021, a Real Academia Galega
conmemorou o Día da Poesía coa súa obra.[17]
Lexicógrafo
No 1968
publicou a súa obra de vital importancia para a lingua galega, o Diccionario
Galego-Castelán publicado pola Editorial Galaxia o 25 de outubro de 1968.
Unha obra que había ser necesaria, imprescindible, un par de anos máis tarde
cando se incorpora o estudo da lingua
galega no sistema
educativo. Ese dicionario foi un
instrumento de vital importancia para que varias xeracións de galegos e galegas
tivesen a oportunidade de coñecer a lingua galega.[12] Esta
obra foi reeditada moitas veces ata completar un total aproximado de medio
millón de exemplares vendidos. Os dicionaristas adoitan falar do "Franco
Grande" como unha denominación que marcou unha época.
Dinamizador
cultural
O labor do tomiñés non só se limitou a traballar no campo da literatura. Dirixiu un espazo radiofónico -Raíz e Tempo-[18] que emitía semanalmente na emisora "La Voz de Vigo" nunha franxa horaria de moita audiencia; participou como fundador da Asociación Cultural de Vigo, a única asociación de marcado carácter galeguista creada na década dos anos sesenta; neste período Cintia, unha cantautora catalá, gravou na discografía Digsa, o poema "Venceremos Nós" (Joan Baez, Xosé Luís Franco Grande, Xosé Manuel Beiras). Anos despois converteuse no himno das mobilizacións estudantís que se produciron en Santiago de Compostela no 1968 contra o franquismo. Foi conferenciante e participou na creación do Partido Socialista Galego na clandestinidade.[6] Formou parte do consello reitor do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional.[19]

Ningún comentario:
Publicar un comentario