Charla informativa sobre xestión da biomasa nas faixas secundarias
• O vindeiro martes, 28 de abril ás 19.00 horas no Centro Cultural de Mougás
Infogauda / Oia
O Concello de Oia xunto coa sociedade pública SEAGA organiza unha charla informativa dirixida á veciñanza para explicar e resolver dúbidas sobre a xestión das faixas secundarias de biomasa no municipio. A cita terá lugar o vindeiro martes, 28 de abril ás 19.00 horas no Centro Cultural de Mougás.
A sesión contará coa participación de persoal técnico da entidade, que ofrecerá información detallada sobre a obriga de limpeza das parcelas incluídas nestas faixas, unha medida clave para a prevención de incendios forestais.
Ademais da explicación xeral, a xornada está pensada como un espazo aberto á participación, no que as persoas asistentes poderán formular preguntas e aclarar dúbidas.
O Concello lembra que na web municipal, dentro do apartado “faixas biomasa”, está dispoñible un visor en liña que permite consultar que parcelas están afectadas por estas franxas de protección. Estas áreas corresponden a terreos situados nunha franxa de 50 metros arredor de solo urbano, núcleos rurais e solo urbanizable.
Con esta iniciativa, o Concello de Oia busca facilitar o acceso á información e apoiar á veciñanza no cumprimento dunha normativa fundamental para a seguridade do territorio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario