Nova xornada de folga no comercio téxtil
• Convocada pola CIG para o luns, 27 de abril
Infogauda / Galiza
A CIG ten convocada unha nova xornada de folga no comercio téxtil e do calzado para o luns, 27 de abril, coincidindo coa reunión da mesa do convenio estatal de ARTE. Para visibilizar a loita das traballadoras e traballadores do sector na defensa dos seus dereitos e da negociación colectiva de ámbito provincial, a CIG tamén ten convocadas as seguintes mobilizacións para este día:
- A Coruña: ás 12h, manifestación dende a Praza de Lugo.
- Ferrol: ás 12h, manifestación no CC Odeón.
- Lugo: ás 12h, concentración en Massimo Dutti (Praza de Santo Domingo).
- Ourense: ás 11h, dende a Casa Sindical.
- Pontevedra: ás 12:30h, manifestación dende a rúa Loureiro Crespo (fronte ao Hospital Provincial).
- Santiago de Compostela: ás 10:30h, concentración na Praza Roxa.
- Vigo: ás 12h e ás 18:30h, concentración no MARCO (rúa do Príncipe).

Ningún comentario:
Publicar un comentario