María Couso impartirá na Guarda unha charla sobre o impacto da tecnoloxía na infancia
• O próximo xoves 30 de abril, ás 18:00h no Centro Cultural
Infogauda / A Guarda
O próximo xoves 30 de abril, ás 18:00h o Centro Cultural acollerá a charla “Cerebro e pantallas”. Será impartida por María Couso, especialista en neuroeducación, e está dirixida a todas as familias, profesorado e persoas interesadas no desenvolvemento infantil.
Trátase dunha acción divulgativa sobre o impacto real da tecnoloxía na infancia e adolescencia, descubrindo como afecta á memoria e aprendizaxe, os riscos… Ademais, tamén se darán recomendacións prácticas para as familias, así como estratexias para un uso saudable e equilibrado.
A actividade contará con servizo de coidado de nenoas/as de balde, organizado polas ANPAS dos centros escolares da Guarda e o Concello.

Ningún comentario:
Publicar un comentario