A Guarda celebrará o 50 aniversario do inicio da competición local de fútbol infantil
• A Comisión organizadora prepara unha exposición e unha charla, para lembrar a súa influencia na localidade
Infogauda / A Guarda
A Guarda avanza na conmemoración do 50 aniversario do inicio da competición local de fútbol infantil. A Comisión organizadora agradece a boa acollida e a colaboración dos clubs participantes e dos árbitros.
Ademais, lembran que a data límite dos clubs para a entrega do material para a exposición fotográfica remata o 19 de abril; a entrega do mesmo pode facerse a través dos membros da Comisión organizadora ou contactando telefonicamente con Ramón Ferreira Gómez (Moncho) ou Xosé Carlos González Blanco.
A exposición poderá visitarse do 28 de abril ao 9 de maio na Casa dos Alonso en horario de 9 a 14h e de 17 a 20h. A Comisión fai un chamamento aos Clubs ou particulares que dispoñan de material audiovisual da competición, que o poñan a disposición da organización para a proxección dun vídeo, tanto na exposición fotográfica, como na charla-coloquio.
Esta charla será no Centro Cultural da Guarda, o día 2 de maio ás 19h e tratará sobre a incidencia do fútbol infantil na nosa comarca. Contará coa presenza dun moderador, e representantes dos clubs, dos árbitros e dalgún membro do Comité local de fútbol infantil (encargados da organización das diferentes competicións).


Ningún comentario:
Publicar un comentario