31 de mar. de 2026

DEPORTES

CICLISMO

Abel Losada subliña o “operativo xigante” da Garda Civil para facer posible o paso seguro da proba ciclista Gran Camiño polas estradas da provincia  

A Benemérita mobilizará a un centenar de axentes e uns 60 vehículos durante a última etapa da proba, entre As Neves e A Guarda 


O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, recibiu ao equipo de organización do Gran Camiño. Na xuntanza participaron Ezequiel Mosquera e Jesús Carballido, director xeral e responsable de Seguridade do Gran Camiño, e representantes dos concellos de As Neves, A Guarda, Salvaterra, Tui e Tomiño. Por parte da Subdelegación tomaron parte o tenente coronel da Garda Civil, Óscar Grañas; a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero; o sarxento primeiro do Subsector de Tráfico de Pontevedra, Joaquín Freiría e a  xefa da Unidade de Protección Civil, Natalia del Caño. 

Foto: S. do G.
 

Infogauda / Pontevedra 

 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, recibiu ao equipo de organización do Gran Camiño, a proba ciclista internacional que percorrerá as estradas do sur da provincia o próximo día 18 de abril para coordinar o “operativo xigante” de seguridade viaria e cidadá, que estará a cargo da Garda Civil. 

 Na xuntanza participaron Ezequiel Mosquera e Jesús Carballido, director xeral e responsable de Seguridade do Gran Camiño, e representantes dos concellos de As Neves, A Guarda, Salvaterra, Tui e Tomiño. Por parte da Subdelegación tomaron parte o tenente coronel da Garda Civil, Óscar Grañas; a xefa provincial de Tráfico, Paula Yubero; o sarxento primeiro do Subsector de Tráfico de Pontevedra, Joaquín Freiría e a  xefa da Unidade de Protección Civil, Natalia del Caño. 

 Abel Losada recalcou que a Garda Civil acumula unha gran experiencia neste tipo de probas e, mesmo en circunstancias tan extraordinarias como as que se produciron durante a última edición da Volta a España, é quen de garantir a total normalidade duns eventos que supoñen un gran reto loxístico. Así detallou que na provincia de Pontevedra estarán directamente mobilizados 98 axentes entre Tráfico, o Grupo de Reserva e Seguridade (GRS), a Unidade de Seguridade Cidadá da Comandancia (USECIC) e patrullas. Todo elo supón, ademais, uns 60 vehículos doso que 46 son motocicletas de Tráfico.  

 A etapa do próximo día 18 de abril, é a quinta e última desta edición, e decidirá o gañador da proba a través dun esixente percorrido de 154 Km que pasa por 8 estradas do sur da provincia, así como polos centros urbanos de varios concellos, esixindo un gran esforzo para garantir a seguridade dos 140 corredores e tamén do numeroso público que se agarda nesta xornada de deporte de alto nivel. 

 O subdelegado engadiu que este dispositivo non será único para esta proba, dado que se replicará para a primeira etapa da Volta a España feminina, que comeza na provincia de Pontevedra cunha etapa que transcorrerá entre Marín e Salvaterra de Miño o próximo día 3 de abril. Ademais, adiantou que estase valorando celebrar unha exhibición cos medios que vai utilizar a Garda Civil de Tráfico cun acto na praza de España en Pontevedra, durante a tarde do próximo sábado, día 2. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario