7 de xan. de 2026

TUI

A Biblioteca Municipal recoñece aos seus lectores máis constantes 

 Este sábado entregaranse os diplomas de “Lectores de honra” coincidindo co Día dos Usuarios dos centros bibliotecarios 


Biblioteca Pública Municipal de Tui
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebrará o “Día dos usuarios das Bibliotecas Públicas” este sábado, 10 de xaneiro, ás 11.30 h, recoñecendo aos seus usuarios máis lectores de 2025 nas categorías de infantil e adultos.  

 Esta é unha xornada de recoñecemento aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria, pois as persoas usuarias son parte imprescindible deste servizo público que ten como principal misión favorecer o acceso á lectura e á información da cidadanía.  

 Así este sábado o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, farán entrega dos diplomas de “Lectores de honra” e dun agasallo aos principais prestameiros da Biblioteca municipal tudense ao longo do ano 2025 nas categorías infantil e adulto.

 Os usuarios infantís con máis préstamos foron:  

1.            Pedro, de 11 anos: 218 préstamos  

2.            Rita, de 6 anos: 118 préstamos  

3.            Xulio, de 11 anos: 112 préstamos  

As persoas usuarias adultos con máis préstamos:  

1.            Mª Isabel:   102 préstamos    

2.            María: 82 préstamos  

3.            José Juan: 73 préstamos  

 Para a concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, esta xornada é unha oportunidade de recoñecemento aos lectores e lectoras más activos da nosa Biblioteca Municipal, xa que os usuarios son a razón de existir dunha Biblioteca pública que como no caso de Tui se esforzan permanentemente en conseguir unha máis alta calidade nos seus servizos e na súa oferta para responder ás necesidade e demandas dos seus lectores.

Ningún comentario:

Publicar un comentario