7 de xan. de 2026

TOMIÑO

Tomiño volve achegar o teatro á veciñanza co programa de mobilidade do Centro Dramático Galego  

   O autobús do CDG trasladará ao público a Santiago de balde para ver ‘Memorias dun neno labrego’ o 16 de xaneiro  

Infogauda / Tomiño 

 Viaxar ao teatro nunca foi tan sinxelo. Este mes de xaneiro, Tomiño convértese de novo nunha das paradas do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que permite á veciñanza asistir a espectáculos profesionais en Santiago de Compostela sen preocuparse polo desprazamento. 

 O venres 16 de xaneiro, o autobús sairá ás 15:15 horas desde a rotonda da Avenida República Arxentina, e trasladará ao público ao Salón Teatro de Santiago de Compostela para asistir, ás 18:00 horas, á representación de ‘Memorias dun neno labrego’. A saída de regreso de Santiago está prevista para as 20:15 horas.  

 O transporte é totalmente gratuíto, mentres que o prezo da entrada á obra é de 5 euros. As persoas interesadas deben inscribirse a través da web municipal, onde está dispoñible o formulario para reservar praza ata o 13 de xaneiro. 

 Con esta iniciativa, o Concello de Tomiño reafirma o seu compromiso coa cultura, facilitando o acceso a experiencias artísticas de calidade e promovendo a participación da veciñanza en actividades culturais profesionais. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario