10 de xan. de 2025

OBITUARIO

Dino Pacio Lindin 

(Xemil, A Pastoriza, 1934- New York, 2025)


Dinio Pacio Lindín, en 2011, diante do MUPEGA, en Santiago de Compostela
Dinio Pacio Lindín, en 2011, dando unha charla na UDC



Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez

"Nas miñas lembranzas de neno de dez anos queda pra sempre o recordo do dazanove do mes de outono de mil novecentos corenta e cinco: dende o pico de Lobogordo, víase o mar de Foz por derriba das Mariñas, espacio ¡e se era verde aquel mar! Polo outro lado, légoas e légoas de Chaira cunha sucesión fermosísima de sombras e raiolas. Na ladeira do monte –nas cubelas do Franxó- rogas de homes e mulleres extendendo o borrallo, facendo os valados e as sebes, sementando o centeo e a forraxe. No chan de Bregada, centos de vaquitos e xatelos roendo queirogas e tocando as campaíñas. ¡Qué impresionismo de música maina e paisaxes multiverdes! ¡Hastra era verde o aire maino! Nin as tardes do setembro na Alsacia e na Silva Moura, nin as posturas de sol dende o setecentos corenta e sete por tantas ladeiras do Atlántico e do Pacífico lle chegan a nada a aquela impresión de verdura e sementeira (Terra Húmeda. Lugo, Ediciones Celta,1979, p. 14).

 Así describía a súa terra Dino Pacio Lindín (Xemil, A Pastoriza, 1934- New York, 2025). Hoxe deixounos en New York, cidade na que se asentou a comezos dos anos setenta e na que desenvolveu unha vida que pode definirse polo nome co que batizou un dos seus proxectos socioeducativos: Solidaridad Humana. 

 Como milleiros de exiliados do franquismo que acabaron deixando unha marcada estela creativa e transformadora nos seus países de acollida alén mar, Dino Pacio Lindín, aquel mozo rebelde expulsado pola policía política nos estertores da ditadura convertérase nun dos profesores máis innovadores e comprometidos ao seu paso polas Universidades norteamericanas de Fisher, Fordham, Rochester, CUNY e SUNY, onde exerceu con exemplar autoridade moral o seu maxisterio en programas sociais e formativos a favor dos e das inmigrantes de orixe latina.

 Dino Pacio tivo que exiliarse, ameazado de morte pola ditadura de Franco, obrigado a abandonar a súa terra e a buscar residencia nos Estados Unidos. En 1969 tiña defendido a súa Tese de doutoramento na Universidad Complutense de Madrid, titulada El nuevo lenguaje de la poesía rock. Era un traballo orixinal e extraordinario, resultado dunha sólida formación en filosofía, socioloxía e lingüística adquirida en diversas universidades europeas e americanas durante os anos sesenta —París, Roma, Colonia, Friburgo, Oxford e Harvard—, polas que coñeceu os ambientes previos ao maio francés e puido elaborar unha perspectiva da realidade ben diferente á tradición sociocultural reaccionaria imposta en España polo réxime ditatorial. 

 Unha parte daquel traballo editouse, xa en democracia, como Juventud radical. 1956-1968 (Madrid, Editorial Felmar, 1978).  Con el, Dino Pacio achegaba ao sombrío contexto franquista os aires das revolucións culturais xuvenís que se estaban a xestar noutras latitudes. Como afirma Germán Labrador, libros como este, “permitían pensar más allá de la lucha contra Franco y por la modernización del país. Permitían imaginarse tomando parte en una batalla global por las libertades civiles y por la apropiación del sentido del mundo, la misma que libraba también la juventud de otros países a través de la literatura beat, el movimiento de los civil rights, las luchas anticoloniales, el situacionismo, la autonomía obrera, el punk… con este y otros libros llegaba un sentido distinto de pertenencia al mundo”.(Culpables por la literatura: imaginación política y contracultura en la transición española (1968-1986). Akal, 2017).

 Nos Estados Unidos creou, entre outras iniciativas, o proxecto Solidaridad Humana, que dirixiu durante dúas décadas desde comezos dos anos setenta. Solidaridad Humana foi, máis alá dun centro académico, un espazo de concientización e reivindicación social dos dereitos da ‘numerosa minoría’ hispanofalante. 

 Inspirado na súa particular "Pedagoxía do lugar", rachou coa concepción errónea e xeralizada sobre a alfabetización de adultos inmigrantes, tradicionalmente desconectada do seu contexto sociocultural, das súas necesidades e motivacións. En cambio, promoveu un ideal de humanización mediante reflexión e acción transformadoras, desenvolvendo virtudes epistemolóxicas, éticas e educativas claves como a innovación, a responsabilidade, a reciprocidade, a tolerancia, a solidaridade ou o compromiso. Os seus estudantes eran a un tempo profesores e alumnos: aprendían y ensinaban contidos baseados en problemáticas sociais, económicas e políticas da súa realidade cotiá partindo da propia lingua, seguindo o lema "Todos enseñan, todos aprenden". 

 Solidaridad Humana foi o resultado dun innovador modelo de aprendizaxe formado por suxeitos que estaban fóra do ámbito escolar convencional e para os que cumpría deseñar estratexias imaxinativas que posibilitasen transformacións individuais e colectivas. Dino Pacio soubo detectar e interpretar esas necesidades e desenvolver unha intervención innovadora na que o dominio da ‘palabra’ deu paso ao exercicio da ‘conciencia’ en tanto estratexia político-pedagóxica, cuxo fin era priorizar a ‘problematización’ sobre a ‘memorización’, e lograr a síntese entre culturas, superando a imposición etnocentrista académica tradicional aplicada na alfabetización de adultos nos Estados Unidos.

 En 1980 Solidaridad Humana convertérase nun centro de educación no que se impartían clases desde os niveis máis básicos ata os universitarios, onde participaban arredor de 2.000 personas, nomeadamente inmigrantes procedentes de doce países, de entre vinte e trinta anos, contando con 23 profesores a tempo completo e 50 a tempo parcial. A porcentaxe dos participantes: 55% mulleres, 45% homes; 99% hispanos; 90% ingresos baixos; dunha media de idade.

 Desde os seus inicios atendera a máis de 10.000 persoas, logrando taxas de retención de ata o 70%.  Ademais, grazas ao apoio que prestou a Universidade do Estado de NY  a partir de 1977, foi posible impartir estudos para graos de catro cursos, e así preparar a centos de mestres bilingües de procedencia inmigrante con destino ás escolas públicas de NY. 

 Solidaridad Humana obtivo en 1981 o Premio “Dissemination”, concedido polo Fondo para a Mellora do Ensino Superior dos Estados Unidos, elixido entre dúas mil escolas técnicas e universidades. Ese ano participaban no proxecto arredor de 1.500 persoas, procedentes de 12 países, de entre vinte e trinta anos. A portavoz da institución, Nancy Hofmann declaraba: «el premio no solo intenta resaltar los valores educativos de Solidaridad Humana, sino también la visión y el genio educador de sus directores y en especial de Dino Pacio, que ha iniciado el proyecto y es en la actualidad el Director General»; pola súa parte, o codirector Jim Metzinguer engadía: “Este premio  tiene un significado especial para la comunidad latinoamericana de los Estados Unidos en este difícil momento en que la Administración Reagan intenta borrar del mapa la educación bilingüe y estrangular la educación de adultos”.

 Tamén, a título individual, Dino Pacio recibíu en 1982 o Premio Nacional de Servizo á Comunidade, outorgado pola National Association of Community Colleges  polo seu labor a favor da educación de adultos nos Estados Unidos. Ese ano, un estudo da Fundación Ford sobre a alfabetización de adultos valoraba o proxecto Solidaridad Humana como exemplo de éxito dun programa de base comunitaria. 

 Dino Pacio seguíu a ocuparse da formación dos máis desfavorecidos a través de diferentes organizacións. Foi director do programa bilingüe do Empire State College. Ademais, consultor “que ten desempeñado durante varios años un papel importante na orientación do desenvolvemento do plan de formación do ACTWU (Amalgamated Clothing and Textile Workers Union);  da Unión Settlement Association ou do Literacy Assistant Center, onde continuaron o seu labor asistencial a inmigrantes con necesidades de alfabetización en inglés moitos educadores formados por Dino Pacio en Solidaridad Humana.



Edificio que albergou o centro Solidaridad Humana
Foto: Steven Speliotis


 Tamén foi asesor especial do Consorcio de Traballadores do Ensino (CWE nas súas siglas en inglés) entre 1985 e 1989, unha axencia privada sen ánimo de lucro creada para brindar acceso á preparación profesional e programas específicos ofrecendo servizos de emprego, capacitación e educación a traballadores da cidade de NY. Entre os anos 2001 e 2005 realizou actividades como profesor de cursos de doutoramento na Universidade de Málaga onde seguíu explicando e estudando a importancia da poesía rock a través das cancións de Bob Dylan. 

 Ademáis, foi co-fundador e membro do Consello do Centro de Educación Casa Del Pueblo en Port Chester, un programa familiar de alfabetización bilingüe multicultural que servía á comunidade latina, subvencionado con fondos do Departamento de Educación do Estado de NY desde 1990; co-director da revista Solidaridad, membro da Xunta Directiva da Asociación Latinoamericana de Teatro da Cidade de NY desde 1992, e Membro de Casa Galicia encargado de asuntos culturais entre 1986 e 1990.  

 Este galego exemplar, recoñecido e valorado nos ambientes sociais e académicos dos Estados Unidos finou sen ter recoñecemento oficial en Galicia, xa fose da Xunta ou do seu propio Concello, agás do que lle fixemos en 2022 un grupo de exalumnos e amigos.

 Tiven a sorte de tratalo desde 2005, cando o coñecín en New York, mantendo desde entón unha estreita amizade. Que a terra lle sexa leve.

 Deixo aquí unha entrevista que lle realicei para a Revista Galega de Educación en 2012  https://rge.gal/issue/as-escolas-dos-americanos/ e a ligazón dun traballo que publiquei en 2021 sobre o seu proxecto educativo "A escola nos apartamentos" por se é de interese, titulado "Dino Pacio Lindín, 'The School in Apartments' and an Experience Learning-Service in Loisaida, NY".  

O ROSAL

Isabella, Elda e Lola, a voz da infancia e mocidade rosaleira no 8º Encontro Estatal de Unicef en Bilbao  

  Reúne esta fin de semana a 180 rapaces e rapazas de toda España para falar sobre o dereito á protección   


Isabella, Elda e Lola viaxaron acompañadas pola concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Beatriz Rodríguez
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal 

 O futuro constrúese con voces novas pero poderosas. Isabella, Elda e Lola levarán esta fin de semana o nome do Rosal ao 8º Encontro Estatal de Participación Infantil e Adolescente de Unicef, un foro que do 10 ao 12 de xaneiro reunirá a 180 mozos e mozas de toda España para deseñar propostas que promovan contornas protectoras e seguras para nenos, nenas, mozos e mozas.  

 Coa participación destas tres rapazas de entre 17 e 10 anos, integrantes do grupo de participación infantil e xuvenil ‘Fogaricos’, O Rosal é un dos seis concellos galegos presentes neste importante evento xunto a Tomiño, Moaña, Teo, A Laracha e Moeche. Isabella, Elda e Lola viaxaron acompañadas pola concelleira de Benestar Social e Voluntariado, Beatriz Rodríguez, que destacou a relevancia desta cita, xa que “estes encontros son unha oportunidade única para que a mocidade sexa escoitada, para que compartan ideas e aprendan doutras realidades. É emocionante ver como toman conciencia dos seus dereitos e propoñen accións concretas que contribúan a crear unha sociedade mellor”.  

 Durante tres días, a rapazada participante no encontro analizará e debaterá sobre o dereito á protección, un tema clave na defensa dos dereitos da infancia. O traballo que realicen culminará nun manifesto que recollerá as súas conclusións e propostas, un documento que será trasladado ao Congreso dos Deputados e a outros espazos onde nenos, nenas e adolescentes poidan compartir as súas conclusións con tomadores de decisións.  

 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, quixo resaltar o orgullo que supón para o municipio contar con esta representación no Encontro Estatal. “Isabella, Elda e Lola son un exemplo de como a participación de infancia e mocidade é fundamental para avanzar como sociedade. A súa presenza en Bilbao pon de manifesto o noso compromiso coas novas xeracións e co respecto polos seus dereitos e danos folgos para seguir traballando e converter ao Rosal nunha Cidade Amiga da Infancia”, subliñou. 

VILA PRAIA DE ÂNCORA

V Encontro de Grupo de Janeiras do Concelho de Caminha 

•  Regressa ao Cineteatro do Bombeiros de Vila Praia de Âncora, no dia 17 de janeiro, pelas 21H30


Pelo palco do Cineteatro vão passar vários grupos, cujos rostos são bem nossos conhecidos, e que nos vão mostrar como continuam a perpetuar esta tradição
Foto: C.M.C.

Infogauda / Vila Praia de Âncora

 As tradições continuam vivas no nosso território e, por essa mesma razão, continuam a marcar a programação cultural do Concelho de Caminha. O V Encontro de Grupos de Janeiras do Concelho de Caminha está de regresso ao Cineteatro do Bombeiros de Vila Praia de Âncora, já no dia 17 de janeiro, pelas 21H30, para mais um grande espetáculo. Neste momento estão 10 grupos confirmados. A entrada é livre.

 Pelo palco do Cineteatro vão passar vários grupos, cujos rostos são bem nossos conhecidos, e que nos vão mostrar como continuam a perpetuar esta tradição.

 Como é do conhecimento geral, o Cantar das Janeiras é uma tradição do Minho. Caminha como um concelho minhoto, tem grupos nas várias freguesias que, durante este mês, se juntam e andam pelas ruas, de porta em porta, a cantar cantigas populares, dando as boas-vindas ao ano que inicia, imortalizando, assim, os costumes e tradições que marcam a identidade de um território.

Pelo palco do Cineteatro vão passar os Grupos de Janeiras do Nuceartes; Rusgas – Cantares da Serra d’ArgaImpacto Jovem – Comissão Festas Senhora da Assunção - Grupo de Jovens de Âncora; Sebastianas – Comissão de Festas São Sebastião - Âncora; Sir'art; Etnográfico de Vila Praia de Âncora; Associação Cultural e Recreativa de Riba de Âncora (Ara); Comissão de Festas de Vilarelho; Grupo de Jovens Cem Fronteiras e Grupo de Catequese de Caminha.

VILA NOVA DE CERVEIRA

Autarquia dota Estádio Municipal de iluminação mais eficiente  

  Num investimento municipal de 32 mil euros, a Câmara de Vila Nova de Cerveira instalou 12 projetores Led nas torres de iluminação existentes 


Construído em 1945, e com várias obras de beneficiação e adaptação às reais necessidades, o Estádio Municipal Rafael Pedreira é a ‘casa’ do Clube Desportivo de Cerveira
Foto: C.M. V. de C.

Irene Pinheiro / Vila Nova de Cerveira

 O Estádio Municipal Rafael Pedreira foi, recentemente, alvo de uma importante beneficiação ao nível da eficiência energética. Num investimento municipal de 32 mil euros, a Câmara de Vila Nova de Cerveira instalou 12 projetores Led nas torres de iluminação existentes, conferindo melhores condições aos treinos e jogos disputados, além de uma considerável redução dos custos com a energia na ordem dos 35%.     

 O executivo municipal assumiu um compromisso com o desenvolvimento das infraestruturas desportivas locais, pelo que a presente intervenção incidiu na melhoria das condições de luminosidade do campo de jogos para a prática desportiva e de lazer, considerada precária e obsoleta, não assegurando as adequadas condições de utilização do espaço, além de ter uma eficiência energética praticamente nula.     

 A solução adotada pela Câmara Municipal resultou de um estudo luminotécnico desenvolvido para o efeito, e que expôs a premente necessidade de implementação de equipamentos energeticamente eficientes que contribuam para baixos consumos já comprovados nas faturas de consumo de energético, com uma redução de 35%.     

 Construído em 1945, e com várias obras de beneficiação e adaptação às reais necessidades, o Estádio Municipal Rafael Pedreira é a ‘casa’ do Clube Desportivo de Cerveira, que forma mais de uma centena de atletas nos diversos escalões da modalidade de futebol.   

TOMIÑO

Sae á rúa o primeiro calendario participativo do Concello de Tomiño   

 O almanaque xa foi repartido polas parroquias, e tamén pode recollerse, de balde, nas oficinas do Concello   


Exemplares do calendario participativo de Tomiño que pode recollerse, de balde, nas oficinas do Concello de Tomiño en horario de 09.00 a 14.00 horas
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 O primeiro calendario participativo de Tomiño está xa na rúa. É o resultado do concurso de fotografía organizado pola concellería de Cultura do Concello de Tomiño, co obxectivo de recoller imaxes “coa esencia do noso concello” para confeccionar un almanaque orixinal e distribuílo entre a veciñanza no Nadal.  

 O Concello quere agradecer a participación dos seguintes fotógrafos seleccionados: Marcos Rodríguez Silva, Eugenio Corcoba Méndez, Lucas Costa Carrera, José Luis Muñiz Escobar e Antonio Cuétara Gutiérrez.  

 A idea do calendario 2025 era tamén dar a oportunidade a fotógrafos profesionais ou amadores de presentar imaxes que capturaran instantes ou peculiaridades da xente, costumes, curiosidades, actividades, festas tradicionais, paisaxes, elementos patrimoniais, etc. “O almanaque é froito dun proceso aberto a fotógrafos e fotógrafas do noso concello para que deixen a súa ollada sobre Tomiño”, explica a alcaldesa Sandra González. “Lévanos por fermosos lugares do noso territorio e foi unha iniciativa moi ben acollida”, engade a rexedora, convidando á veciñanza a recollelo de maneira gratuíta na Casa do Concello, aínda que se repartiu polas parroquias este Nadal.  

 O xurado estivo composto por persoas do goberno municipal, persoal do Concello e persoas expertas que tiveron en conta tanto a composición, como a técnica e a orixinalidade. Os traballos seleccionados pasan a formar parte do banco de imaxes do Concello de Tomiño co correspondente recoñecemento de autoría.  

 O almanaque xa foi repartido polas parroquias este Nadal pero tamén pode recollerse, de balde, nas oficinas do Concello de Tomiño en horario de 09.00 a 14.00 horas. 

TUI

A Biblioteca Municipal superou os 18 mil préstamos en 2024, un 25% máis que o ano anterior  

 Na actualidade a Biblioteca Municipal tudense conta 4.586 usuarios (arredor do 25% dos habitantes do municipio); ao longo do pasado ano incorporáronse a este servizo 390 novos usuarios, deles 146 infantís e 242 adultos


Unha persoa usuaria da Biblioteca Municipal de Tui amosa o carnet da Rede de Bibliotecas Públicas
Foto: C.T.

Infogauda / Tui

 A Biblioteca Municipal de Tui prestou ao longo do ano 2024 18.279 libros, o que supón un incremento do 25% con respecto 14.536 que as persoas usuarias levaron en empréstito no ano 2023.  

 Tamén ao longo dos últimos 12 meses se incrementou nun 12%, con respecto a 2023, o número de usuarios activos que chegou as 1.193 persoas que levaron estes máis de dezaoito mil libros en préstamo.  A meirande parte das persoas usuarias activas, 743, son maiores de 14 anos, e 450 son usuarios infantís. Dos 18.279 libros emprestados, un total de 9.898 corresponden a libros retirados por usuarios infantís e 8.381 por usuarios xuvenís e adultos.  

 A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade, Sonsoles Vicente Solla, salienta qeu este incremento de préstamos e usuarios activos da Biblioteca Municipal tudense “consolida a este servizo de acceso á cultura e á información como unha referencia na vida social e cultural tudense”. Engade a concelleira que de media son 61 libros prestados diariamente na Biblioteca Municipal dun fondo que acada os 33.326 exemplares (tanto en formato papel como audiovisual). Isto supón un total de 1,9 exemplares por habitante, un dato que está moi próximo ás recomendacións da Federación Internacional de Asociacions de Bibliotecarios e Bibliotecas ou International Federation of Library Associations and Institutions (IFLA) para localidades coa cifras de poboación coma a de Tui que determinan 2 volumes/habitante.  

 O Concello de Tui realiza un importante esforzo económico no mantemento deste servizo de biblioteca, sinala a concelleira Vicente Solla, que supera os cento vinte mil euros (que abrangue os gastos correntes, de mantemento e persoal) para garantir o dereito constitucional á cultura e ofrecer un servizo de calidade. De cara a este novo ano Sonsoles Vicente sinala que o reto pasa pola ampliación e mellora das instalacións bibliotecarias para dar resposta a demanda cidadá.  

 A Biblioteca Municipal tudense conta na actualidade con 33.326 volumes na súa colección. No ano 2024 a colección foi incrementada con 1.009 novos exemplares: 701 libros, 308 películas e 80 comics.  Destes exemplares 492 foron adquiridos con fondos propios e fondos procedentes das axudas da Xunta de Galicia, e 517 exemplares proceden de doazóns especialmente os fondos audiovisuais que corresponden á catalogación da Biblioteca de cinema “Daniel Domínguez”.  

 Paralelamente a Biblioteca desenvolve un proceso de expurgo de obras deterioradas ou obsoletas, que no pasado ano acadou a retirada de 880 exemplares.  

 Na actualidade a Biblioteca Municipal tudense conta 4.586 usuarios (arredor do 25% dos habitantes do municipio); ao longo do pasado ano incorporáronse a este servizo 390 novos usuarios, deles 146 infantís e 242 adultos.  

 O acceso á Biblioteca é libre e gratuíto para calquera persoa, unicamente cómpre ser “socio” ou “usuario” de calquera biblioteca da Rede de Bibliotecas de Galicia para acceder ao servizo de préstamo a domicilio ou ao servizo de “Galicia le”, a plataforma de préstamos de libros electrónicos da Rede de Bibliotecas de Galicia.  

Día dos Usuarios das Bibliotecas 

 Este sábado, 11 de xaneiro, celébrase o “Día dos usuarios das bibliotecas”, unha xornada de recoñecemento aos principais protagonistas da actividade bibliotecaria, pois as persoas usuarias son parte imprescindible deste servizo público que ten como principal misión favorecer o acceso á lectura e á información da cidadanía.  

 Por iso ás 11.30 h terá lugar a entrega dos diplomas de lectores de honra do ano 2024 ás persoas, en adultos e infantil, que máis préstamos teñen retirado da Biblioteca ao longo do pasado ano, destacando un usuario infantil con 287 préstamos e un adulto con 110 libros retirados ao longo do ano 2024. 

SALVATERRA DE MIÑO

A Xunta de Galicia adxudica por máis de 2 M€ a construción dunha nova estación depuradora para mellorar o servizo de saneamento no concello de Salvaterra de Miño 

 A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático presentou hoxe o proxecto construtivo da nova instalación hidráulica  

• Ángeles Vázquez explica que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o primeiro trimestre deste ano co obxectivo de que estean rematadas a finais de 2025 


A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o primeiro trimestre deste ano
Foto: X.G.

Infogauda / Salvaterra de Miño

 A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 2 millóns de euros a construción dunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR) co obxectivo de mellorar o servizo de saneamento no Concello de Salvaterra de Miño.  

 Durante unha visita á contorna na que se localizará a nova instalación hidráulica, a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, explicou que, unha vez adxudicado o contrato de construción, a previsión é que as obras comecen antes de que remate o primeiro trimestre deste ano co obxectivo de que estean rematadas a finais de 2025.  

 Logo de indicar que esta actuación está financiada pola Xunta e o Concello e conta tamén con conta con fondos da Unión Europea a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a conselleira engadiu que a futura instalación hidráulica, que se construirá na conca do río Mendo, está deseñada para dar servizo aos 2.310 habitantes esperados no horizonte do ano 2040 en sete parroquias do concello -Leirado, Soutolobre, Corzáns, Fiolledo, Oleiros, Meder e Salvaterra-.  

 A nova EDAR, que está formulada para un caudal punta de 118,08 m3/h, integrará os procesos de pretratamento, by-pass xeral, bombeo e medida de auga bruta, medida da auga a tratar mediante caudalímetro electromagnético, decantación primaria e reactor biolóxico mediante biodiscos.  

 Ademais da nova estación depuradora, os traballos comprenden tamén outras actuacións como a construción dun colector de conexión á rede da parroquia de Oleiros, un pozo de bombeo ou un colector-emisario para o vertido do efluente xa depurado ao río Miño.  

 Para concluír, a conselleira, que estivo acompañada polo director de Augas de Galicia, Roi Fernández, incidiu en que, aínda que a prestación dos servizos de saneamento e abastecemento son unha responsabilidade de competencia municipal, a Xunta leva anos prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos que o necesiten no marco dunha estratexia coa que busca ofrecer unha alternativa de xestión autonómica dos servizos da auga.  

 De feito, o orzamento de Augas de Galicia para 2025 ascende a 144 millóns de euros, dos que 73 millóns de euros se destinarán á mellora das infraestruturas do ciclo da auga para seguir apoiando aos concellos no exercicio das súas competencias en materia de xestión da auga e facer un uso eficiente dela para reducir a pegada hídrica no conxunto da comunidade mediante investimentos nas redes de saneamento, depuración e abastecemento.

PONTEVEDRA

A Deputación de Pontevedra pechou o 2024 con máis de 600 adopcións e máis de 1.200 animais rescatados a través do CAAN 

 O presidente provincial Luis López explicou que Pontevedra, con 72 animais, foi o concello con maior número de adopcións, e dos cans rescatados, máis da metade foron devoltos aos seus propietarios


O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, na rolda de prensa de hoxe

Foto: D.PO.

Infogauda / Pontevedra

 O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López fixo hoxe un balance do traballo desenvolvido polo CAAN (o Centro de Recollida e Protección Animal) no 2024, ano no que axudou a que máis de 600 cans e cadelas atoparan un novo fogar, tanto na provincia como en Galicia e noutros territorios do Estado. Ademais, o centro provincial conseguiu recoller a máis de 1.200 animais, dos que máis da metade, 750, puideron ser devoltos aos seus propietarios, xa fora no lugar onde se produciu o aviso ou nas propias instalacións do CAAN.  "Estou orgulloso de poder dicir que o CAAN é unha referencia en benestar animal, polos coidados desde o lugar de recollida; en cooperación e municipalismo, porque está a disposición dos concellos e son 51 os adheridos, e en sustentabilidade, no que ten que ver coas colonias felinas", asegurou López, que lembrou que no ano que comeza o centro provincial segue "traballando para dar un servizo da mesma calidade" e fixo un chamamento "á adopción de animais e contra o abandono".  

 Máis polo miúdo, das adopcións acadadas no 2024, se ben a maioría foron dentro do territorio galego (507), 109 chegaron a outras comunidades de España, principalmente a Castela e León (68), Asturias (15) e Madrid (12), máis tamén Castela A Mancha (6), Cataluña (3), Andalucía (2), Aragón (1), Pais Vasco (1) e Santa Cruz de Tenerife (1). No que se refire a Galicia, 437 foron na provincia de Pontevedra, 33 en Lugo, 31 na Coruña e 6 en Ourense.  

 Dos cans e cadelas que se quedaron na provincia, o maior número de adopcións rexistráronse no concello de Pontevedra (72), seguido de Vigo (55), Cangas (36), Sanxenxo (24), Gondomar (23), Vilagarcía (17), O Grove (15), Marín (14), Barro (12), Redondela (12), Cambados (11), Poio (11), Meaño (10), Ribadumia (10), Lalín (9), Meis (9), Vilanova (9), Caldas de Reis (7), Ponteareas (7), Ponte Caldelas (6), Cerdedo-Cotobade (5), A Estrada (5), O Porriño (5), Portas (4), Vilaboa (4), Cuntis (3), Moaña (3), Mos (3), Salvaterra (3), Silleda (3), Tui (3), Bueu (2), Fornelos de Montes (2), Mondariz (2), Nigrán (2), Pazos de Borbén (2), Salceda de Caselas (2), Soutomaior (2), Tomiño (2) ou Valga (2). Ademais, houbo unha adopción na Cañiza, Crecente, Forcarei, A Guarda, A Lama, Mondariz Balneario, Moraña e Pontecesures.

 Por outra banda, o persoal do CAAN recolleu neste 2024 un total de 1.264 animais, dos que preto de 750 foron devoltos aos seus propietarios ou propietarias, 360 deles no propio lugar no que se produciu o aviso e 288 nas instalacións que o CAAN ten en Meis. Ademais, ao longo deste ano, os animais pasaron unha media de 78 días en ditas instalacións antes de ser adoptados. Actualmente son xa 51 os concellos de menos de 50.000 habitantes adheridos ao CAAN, que segue mantendo a premisa de fomentar o dereito á vida dos animais, erradicar o abandono e promover as adopcións. O centro traballa 24 horas ao día os 365 días do ano, con servizos de recollida e veterinario de urxencia. As adopcións son gratuítas e os animais saen do centro vacinados, con chip, desparasitados e esterilizados. O persoal asesora ás persoas sobre o can ou cadela que pode adaptarse mellor ás súas necesidades. Tanto para visitas como para formalizar as adopcións pídese cita previa nos teléfonos 986 140 360 ou 886 217 391.  

Colonias felinas  

O presidente provincial lembrou que, dentro do programa de Colonias Felinas, o CAAN puxo en marcha o pasado ano un servizo de esterilización de gatos procedentes de colonias legalmente establecidas, a través do cal xa se esterilizaron 603 animais de 17 concellos diferentes. O proceso comezou o pasado mes de abril, cunha primeira fase da campaña na que os concellos se encargaban de levar os animais ao CAAN, onde se esterilizaron un total de 136 gatos de sete concellos (Mos, Ponteareas, Pontecesures, Redondela, Silleda e Soutomaior). "Neste 2025 seguimos o proceso para axudar aos concellos da provincia a cumprir coa Lei vixente", que determina que están obrigados a xestionar as colonias felinas, identificando, esterilizando, vacinando e desparasitando os animais que as integran, como explicou López.  

 No mes de agosto, e ante a escaseza de medios dos concellos para poder coller e trasladar aos animais, comezou unha segunda fase na que o propio centro de recollida provincial pasou a encargarse da captura, esterilización e devolución dos animais ás súas respectivas colonias felina. Nesta fase, sometéronse ao proceso un total de 467 gatos de 16 concellos (Baiona, Catoira, Crecente, Mos, Ponteareas, Pontecesures, O Porriño, Redondela, Ribadumia, O Rosal, Salceda, Sanxenxo, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova de Arousa).  

 Todos concellos adheridos ao CAAN poden solicitar este servizo, e para facelo deberán achegar a solicitude de esterilización de gatos recollidos nas colonias felinas, así como unha memoria na que se especifique, entre outras cuestións, o número de colonias no seu termo municipal e os animais presentes en cada unha delas. Cabe recordar que cada concello poderá solicitar un número máximo de animais a esterilizar por ano segundo o número de habitantes (25 para os de menos de 5.000 habitantes, 50 ata 10.000, 100 ata 20.000 e 200 ata 40.000 habitantes).

TURISMO

A Xunta de Galicia vai presentar en Fitur 2025 o seu programa anual de promoción turística nunha aposta pola consolidación como destino acolledor, auténtico e con proxección internacional 

 Turismo de Galicia participa cun posto centrado na sostibilidade onde a riqueza natural, os recursos culturais e a calidade son os eixes fundamentais 

O expositor, que acollerá a actividade promocional de Galicia ata o 26 de xaneiro, integrará elementos da naturez,a de costa, do interior e do clima como refuxio, representados pola rica vexetación e a biodiversidade da comunidade. Terán presenza recursos culturais a través do patrimonio material e inmaterial xunto coa herdanza natural milenaria que continua viva repercutindo en ámbitos sociais e económicos 

Foto:X.G.

Infogauda / Santiago de Compostela

 Galicia presentará a súa proposta de promoción anual como destino turístico a partir do vindeiro 22 de xaneiro en Madrid na Feira Internacional de Turismo, Fitur, cunha aposta por consolidarse como un destino acolledor, auténtico e con proxección internacional. Farao cunha proposta programática na que as xentes, o clima, a natureza, a calidade e os recursos culturais adquiren un protagonismo especial na procura de atender a un turista que busca, cada vez máis, experiencias vitais enriquecedoras.  

 Un espazo que recibirá aos visitantes co lema ‘Xa estás en Galicia!’ daralles a benvida a unha comunidade onde a calidade, a biodiversidade e a sostibilidade serán os eixos dun percorrido polo patrimonio material e inmaterial do destino galego.  

 O expositor, que acollerá a actividade promocional de Galicia ata o 26 de xaneiro, integrará elementos da natureza de costa, do interior e do clima como refuxio,  representados pola rica vexetación e a biodiversidade da comunidade. Terán presenza recursos culturais a través do patrimonio material e inmaterial xunto coa herdanza natural milenaria que continua viva repercutindo en ámbitos sociais e económicos.  

 En base a estes principios, Turismo de Galicia contará cunha programación que desenvolverá principalmente os tres primeiros días a feira -do mércores ao venres- enfocados a profesionais, onde se prevén un total de 47 presentacións da Xunta de Galicia e de distintas entidades. Na fin de semana, Fitur abrirase ao público xeral, e será cando as actividades do expositor se complementen con actuacións e demostracións da cultura e artesanía galega. A programación completa pódese consultar na web www.turismo.gal  

Reutilización e redeseño 

 A Xunta reutiliza, cun novo deseño máis actual e na liña das demandas turísticas do momento, o posto da pasada edición, que foi galardoado co Premio ao ‘Mellor Stand de Fitur 2024’, co obxecto de seguir parámetros de sostibilidade aproveitando materiais e recursos xa dispoñibles.  

 Así, nun espazo de case 1.100m2, con máis de 25 metros de pantallas led e apoiado en imaxes gráficas, o espazo transmitirá valores e sensacións que tentarán aproximarse ás emocións que poderán sentir os visitantes se elixen Galicia como destino.  

 Ademais, como cada ano, para favorecer e impulsar as relación comerciais e contactos cos empresarios do sector turístico galego, disporase dunha área específica de traballo e punto de encontro para as súas relacións comerciais.  

 O posto será atendido por informadores profesionais con formación e experiencia no eido da información turística de Galicia, acollendo e atendendo de xeito personalizado as demandas dos visitantes. 

 Fitur é das primeiras feiras turísticas do ano na que terá presenza Galicia este ano -no mes de xaneiro tamén está en Irlanda e Finlandia-, que se completará con ao redor de 30 feiras de promoción de destino máis de ámbito nacional e internacional.

ARCOS DE VALDEVEZ

Zona Desportiva – Fase 3 e espaços envolventes 

  Adjudicadas as terraplanagens pelo valor de 141.115,20 euros, mais IVA



Planta Zona Desportiva – Fase 3 e espaços envolventes

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez

 A Câmara Municipal adjudicou a realização das terraplanagens relativas à obra da terceira fase da zona desportiva de Arcos de Valdevez, pelo valor de 141.115,20 euros, mais IVA. 

 O projeto Zona Desportiva– Fase 3 e Espaços Envolventes, compreende equipamentos vários para a prática desportiva, nomeadamente, um grande recinto de jogo para atividades coletivas de futebol e/ou de rugby, dois polidesportivos com diversas valências funcionais, e outras estruturas para circuito de manutenção, zonas de recreio, recreativas e de lazer, para além de um edifício de apoio para manutenção geral da zona, as instalações sanitárias, os vestiários e balneários. Com este novo investimento pretende-se consolidar a zona desportiva na totalidade, já que irá permitir a ligação entre os diferentes equipamentos desportivos da zona desportiva atual, nomeadamente, o estádio municipal com várias e diferentes estruturas de carácter desportivo, os campos de ténis e de padel e o complexo das piscinas municipais.  

 Com este projeto, o Município pretende proporcionar o melhor aos seus utilizadores, apoiar o desporto qualificado, oferecer às famílias e jovens espaços de recreio e lazer, e, acima de tudo, proporcionar mais qualidade de vida e bem-estar a quem reside ou visita Arcos de Valdevez.

ARCOS DE VALDEVEZ

Acampamento militar romano em Arcos de Valdevez na National Geographic  


Reconstituições virtuais dum novo vestigio material do acampamento romano do Alto da Pedrada: dolabra, espécie de machado e arma defensiva, usada pelos militares romanos

María Joâo Brito / Arcos de Valdevez 

 A primeira edição de 2025 da revista National Geographic volta a destacar o importante património arqueológico de Arcos de Valdevez.  

 No seguimento do projeto de investigação do acampamento romano do Alto da Pedrada, realizado nos últimos anos, surgiu um novo vestígio material, uma dolabra, espécie de machado e arma defensiva, usada pelos militares romanos e agora objeto em evidência no artigo dada a sua importância e raridade. O acampamento foi o primeiro a ser identificado no Norte do país e é uma evidência da presença romana no território no período do imperador Augusto (século I). 


Reconstituições virtuais do acampamento romano do Alto da Pedrada


 As reconstituições virtuais deste objeto e do próprio acampamento, incluindo uma maqueta à escala, podem ser vistos no museu “Espaço Valdevez- História e Arqueologia”, na Vila de Arcos de Valdevez, propriedade do Município arcuense.

ARCOS DE VALDEVEZ

SONS DE VEZ COM CARTAZ FECHADO PARA 23ª EDIÇÃO 

  Ana Moura, Capitão Fausto, Mão Morta e The Last Internationale são apenas alguns dos 14 nomes que compõem o festival, que regressa à Casa das Artes, em Arcos de Valdevez. 

  O melhor da música nacional faz-se ouvir num total de 8 sábados, de 1 de fevereiro a 22 de março, naquele que é o primeiro festival do ano.




María Joâo Brito / Arcos de Valdevez 

 O Festival Sons de Vez é já uma verdadeira tradição do Município arcuense que marca o arranque dos festivais de música a cada ano.  Nas palavras da edilidade, “em 2025 contamos com alicerces em 14 projetos ecléticos que não deixarão ninguém indiferente ao verdadeiro pulsar cultural e identitário que é o Sons, neste e nos 24 anos que solidificam a sua história e identidade no panorama musical nacional.”  O festival arranca no primeiro sábado de fevereiro ao som de Capitão Fausto. Do enérgico Gazela (2011) à maturidade de Subida Infinita (2024), a banda tem conquistado público e crítica. Ao Sons de Vez trazem o último álbum, que marca a despedida de Francisco Ferreira, refletindo anos de transformação e intensidade. A primeira parte do espetáculo fica a cargo de Bilrus, projeto de João Robim, Márcio Silva e Nuno Biltes, que percorre as vertentes mais alternativas e experimentais do rock, caracterizando-se pela forte presença de elementos da eletrónica. A 8 de fevereiro, Mazgani regressa ao festival com Cidade de Cinema, o seu primeiro disco integralmente em português, consolidando uma carreira marcada por aclamadas digressões nacionais e internacionais. Na mesma noite, Ana Lua Caiano explora a fusão musical, através da junção da música tradicional portuguesa com música eletrónica. No sábado seguinte, a 15 de fevereiro, Selma Uamusse chega a Arcos de Valdevez com um manifesto de esperança, numa celebração pela liberdade e amor. A música e as suas raízes moçambicanas são o mote para uma viagem espiritual que mistura africanidade com influências do rock, eletrónica, afro-beat e experimental. Emmy Curl junta-se ao cartaz no mesmo dia para uma homenagem à herança cultural portuguesa. Pastoral, o seu mais recente álbum, celebra o folclore português e as paisagens mágicas do interior do país. 

 Entramos em março com uma banda de Nova Iorque, mas com “coração” arcuense, que dispensa apresentações. The Last Internationale prometem um espetáculo intenso, combativo e socialmente questionador que revisita alguns dos seus álbuns mais emblemáticos. O aquecimento está entregue a Unsafe Space Garden e à sua peculiar forma de protesto existencial usando os ingredientes do humor, da energia, da cor, do absurdo, do caos e da intimidade. No dia internacional da mulher, 8 de março, mais um regresso celebrativo: toma conta do palco a rainha da soul e do funk Marta Ren. Fundadora dos Sloppy Joe e membro dos Bombazines, é uma das vozes mais carismáticas da música portuguesa. A aquecer esta noite de empoderamento feminino, A SUL, projeto musical de Cláudia Sul, traz paisagens sonoras que transformam as banalidades do quotidiano em expressões empáticas e envolventes, projetando ambientes imersivos. A 15 de março, Jorge Cruz apresenta o muito aguardado disco “Transumante”. Ao vivo, as canções, recriadas no formato de viola e voz, abrem perspetivas diferentes para contemplar uma obra já com três décadas que, em espetáculo, é revisitada através de canções novas e antigas de discos a solo, marcos da discografia de Diabo Na Cruz e fados escritos para outros artistas. Na primeira parte da noite, Diogo Zambujo, jovem cantautor natural de Beja e herdeiro de uma forte tradição musical e familiar, aposta numa abordagem minimalista e emocional, com melodias simples e letras sinceras. Para fechar esta edição com chave de ouro os Mão Morta, que em 2024 celebraram os 40 anos da sua fundação; trazem um espetáculo que reflete a sua postura crítica e interventiva, ligada à luta pela liberdade e contra o fascismo. Através de um espetáculo, que mistura a música de intervenção portuguesa com o rock e experimentalismo característicos da banda, os Mão Morta apresentam uma reflexão sobre o "pós-fascismo"; um regresso sempre desejado ao palco da Casa das Artes arcuense. 

 Para além de todos os concertos e conforme vem acontecendo todos os anos, há ainda no Foyer do Auditório da Casa das Artes arcuense uma exposição fotográfica com a compilação dos momentos mais marcantes da edição anterior. Os bilhetes para a 23ª Edição do Festival Sons de Vez têm um valor de 6€ e 10€ e ficam disponíveis para compra no primeiro dia da semana de cada espetáculo, unicamente via telefone pelo número da Casa das Artes 258 520 520.  

AGENDA  

01 Fevereiro – Capitão Fausto + Bilrus  

08 Fevereiro – Mazgani + Ana Lua Caiano  

15 Fevereiro – Selma Uamusse + Emmy Curl  

22 Fevereiro – Ana Moura 01 Março – The Last Internationale + Unsafe Space Garden  

08 Março – Marta Ren + A Sul  

15 Março – Jorge Cruz + Diogo Zambujo  

22 Março – Mão Morta