O histórico local da Xoiería Ruibal, en Baiona, inicia unha nova etapa con Oro Express
Cristina Martínez / Baiona
O baixo da antiga Xoiería Ruibal, un dos establecementos máis emblemáticos de Baiona, inicia unha nova etapa coa chegada de Oro Express, empresa galega líder en compravenda, taxación e investimento en ouro e xoias.
Situada na rúa Alférez Barreiro nº 7, esta localización forma parte da historia viva da vila: durante máis de seis décadas foi o taller e punto de encontro do mestre reloxeiro Fernando Ruibal, cuxa destreza e dedicación convertérono nunha figura moi querida na localidade. O seu icónico reloxo, instalado na fachada nos anos 60, converteuse nun referente para veciños e visitantes, e hoxe segue marcando a hora como símbolo do legado familiar.
Da tradición reloxeira ao ouro como valor refuxio
A apertura de Oro Express neste espazo histórico supón a unión entre o pasado e o presente do mundo da xoiería: a tradición artesanal dos Ruibal e a nova era da taxación profesional e o investimento en ouro.
O ouro continúa en máximos históricos e cada vez máis persoas optan por investir en lingotes e pezas de valor, unha tendencia que Oro Express está a liderar en Galicia e en toda España. Actualmente, a compañía conta con máis de 100 tendas a nivel nacional, catro delas en Vigo.
“Para nós é un orgullo abrir nun local con tanta historia, vinculado a un oficio que admiramos profundamente. Queremos manter ese espírito de confianza e proximidade que caracterizou sempre á familia Ruibal”, explican desde a dirección de Oro Express.
Na súa nova tenda, Oro Express ofrece taxación gratuíta e profesional de xoias, reloxos e metais preciosos, utilizando tecnoloxía de última xeración, que garanten transparencia e precisión en cada valoración.
O local conserva o seu carácter de xoiería de confianza, agora cun enfoque adaptado aos novos tempos e ao estilo da marca: compra, venda e asesoramento en investimento en ouro físico, con opcións que van desde lingotes de 1 gramo ata pezas de alto valor para coleccionistas e investidores.

Ningún comentario:
Publicar un comentario