Un obradoiro creativo ensinará a escribir ‘máis bonito’
• Trátase dunha actividade organizada pola OMIX de A Guarda sobre arte das letras con motivo do Nadal
Infogauda / A Guarda
Organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de A Guarda, o día 29 de novembro dende as 11:00 ás 13:00 horas, na Casa dos Alonso, impartirase un obradoiro de letras.
A devandita actividade ten prazas limitadas e vai dirixido principalmente á mocidade aínda que se quedan prazas poderá participar público adulto. Para inscrición ou información informacion@aguarda.es
"Ven desfrutar da maxia do papel e a tinta no próximo obradoiro no que aprenderás a escribir bonito para darlle a benvida á época máis máxica do ano.
Poderás usar unha serie de útiles de escritura e técnicas básicas de caligrafía e composición para dar personalidade aos teus textos. Poderás levar á casa, do teu puño e letra, felicitacións de Nadal, láminas decorativas, etiquetas para regalos, meseiros e incluso papel para envolver os agasallos de Nadal". Esa é a proposta que a OMIX do Concello de A Guarda, vén de dar a coñecer.

Ningún comentario:
Publicar un comentario