10 de nov. de 2025

A GUARDA

O Concello de A Guarda trae o documental “Prefiro condenarme” con motivo do 25N  

Nese traballo, Margarida Ledo, amosa a historia dunha mariscadora de Ferrol en 1972  




Infogauda / A Guarda 

 Este ano con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, 25N, o Concello de A Guarda prepara accións en diferentes ámbitos.  

 Para este venres, 14 de novembro, ás 20:30h, no Centro Cultural, proxectarase o documental “Prefiro Condenarme” de Margarita Ledo. Trátase dun documental sobre o caso de Sagrario, unha mariscadora de Ferrol no ano 1972. Por aquel entón, Sagrario é xulgada por adulterio, contemplado polo franquismo como un dos “delitos específicos das mulleres”. Sometida desde os 16 anos a todo tipo de abusos, rebelarase ao seu marido e á opresión social ata ser a primeira divorciada da cidade. 


 

 Ademais, este martes, o alumnado de 2º da ESO do IES A Sangriña recibirá a charla “Sementes de cambio: erradicando a violencia sexual”. 

 O propio 25N farase unha concentración e lectura de manifesto na praza do Reló ás 12:30h. 

 E para rematar esta programación especial, a obra de teatro “Chegar e encher” representarase o sábado, 29 de novembro, ás 20:30h no Centro Cultural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario