Café coloquio sobre “Novas tecnoloxías e saúde mental”
• Este xoves, 13 de novembro, ás 19:00 horas, na Asociación O Percamino, da Gándara
Bárbara Domínguez González / A Gándara
A Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda inicia este xoves un ciclo de tres cafés coloquio centrados en temas de interese social e benestar. O primeiro encontro terá lugar o xoves, 13 de novembro, ás 19:00 horas, na Asociación O Percamino, da Gándara, baixo o título “Novas tecnoloxías e saúde mental”.
O café coloquio será conducido por José Iglesias, psicólogo de Avelaiña, quen abordará o impacto que o uso das novas tecnoloxías ten na nosa saúde mental, así como estratexias para facer un uso responsable e saudable das ferramentas dixitais.
Con esta iniciativa, a Asociación de Mulleres Progresistas da Guarda quere crear un espazo de encontro e reflexión aberto a toda a cidadanía, fomentando o diálogo sobre cuestións que afectan á vida cotiá.
Animamos a toda a veciñanza a asistir e participar neste ciclo de cafés coloquio, que continuará nas próximas semanas con novas temáticas e persoas convidadas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario