31 de out. de 2025

TUI

A percepción da cidadanía un dos eidos de traballo da elaboración do IV Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes de Tui 

•  O Concello de Tui vén de abrir unha enquisa anónima para coñecer a opinión real da veciñanza sobre a igualdade no municipio  




Infogauda / Tui

 O Concello de Tui dentro do seu obxectivo por lograr unha igualdade real e efectiva está a elaborar o IV Plan de Igualdade Municipal. Para coñecer como se vive e se percibe por parte da veciñanza a igualdade e os avances logrados no últimos anos, vén de abrirse unha enquisa en liña para coñecer precisamente esa percepción, e en base aos datos obtidos marcar liñas de acción para os próximos anos.   

 Na enquisa pregúntase sobre necesidades, sobre situacións que aínda precisan mellora, sobre prioridades de futuro e tamén se solicita valorar o traballo realizado a través dos servizos municipais.  

 O obxectivo deste proceso é que o novo Plan de Igualdade sexa un documento práctico e realista, que responda ás situacións da veciñanza e teña aplicación directa na vida cotiá.  

 O enlace ao formulario está dispoñible tanto a través da web municipal tui.gal coma nas redes sociais municipais co obxectivo de acadar a participación do maior número de persoa.   

 A concelleira de Igualdade Ana Nuñez, remarca a importancia de contar coa opinión da cidadanía para identificar o que funciona, o que falta e o que pode mellorarse. Por este motivo, fai un chamamento á participación, xa que sinala que “dedicar uns minutos a cubrir a enquisa é un xeito directo e sinxelo de contribuír a que Tui avance cara a unha convivencia máis igualitaria”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario