14 de out. de 2025

O ROSAL

O Rosal vai recibir á Banda Sinfónica Xuvenil de Caldas, dende Colombia  

Este xoves, 16 de outubro, ás 20:00 h, no Auditorio do Rosal. Entrada libre ata completar a cabida.




Infogauda / O Rosal

 A Agrupación Musical do Rosal, coa colaboración do Concello do Rosal, organiza este xoves 16 de outubro ás 20:00 h, no Auditorio do Rosal un concerto especial da Banda Sinfónica Xuvenil de Caldas “Hernán Bedoya Serna”, que chega dende Colombia para participar no XVIII Certame Galego de Bandas de Música.  

 Dirixida por Juan Sebastián Velasco Serna, a banda é unha das agrupacións xuvenís máis destacadas do país suramericano e representa o Programa Departamental de Bandas de Caldas, recoñecido polo seu labor educativo e cultural.  

 O concerto - con entrada de balde, ata completar á cabida - será unha excelente oportunidade para escoitar unha formación internacional de gran nivel e compartir unha noite de música e amizade entre Galicia e Colombia. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario