A Guarda acollerá o I Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfornteirizo da Red de Cruceros Ibéricos Fluviales Transfronterizos (CIFT)
• O acto institucional celebrarase este martes, 21 de outubro de 2025, ás 12:00 horas, no salón de plenos do Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
A vila de A Guarda, acollerá o I Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfornteirizo da CIFT (Red de Cruceros Ibéricos Fluviales Transfronterizos).
O acto institucional celebrarase este martes, 21 de outubro de 2025, ás 12:00 horas, no salón de plenos do Concello de A Guarda, e espérase a presenza de representantes institucionais dos concellos da zona, así como representantes de asociacións e empresas vinculadas á náutica e ao turismo.
Este encontro estratéxico de tres días na Guarda, impulsará itinerarios náutico-culturais transfronteirizos que conectarán as comunidades ribeiregas, o patrimonio e o desenvolvemento local.
Acto I
Encontro Ibérico de Turismo Fluvial Transfronteirizo
- Saúdo inicial das autoridades:
A. Tenente alcalde, Óscar Alonso Álvarez.
B. Presidente do Clúster Marítimo Marino de Andalucía, Javier Noriega.
C. Presidente da Asociación Galega de Actividades Náuticas Agan+, Manuel Soliño.
D. Primeiro Secretario Executivo do CIM Alto Minho, José Paulo Queiroz.
E. Delgado da Xunta de Galicia en Pontevedra, Agustín Reguera.
- Presentación da Rede CIFT. Obxectivos e vantaxes.
- Presentación dos destinos
A) Río Miño / Minho.
B) Río Limia / Lima.
C) Río Duero / Douro.
D) Río Tajo / Tejo.
E) Río Guadiana.
- Firma do protocolo da Rede CIFT (Red de Cruceros Ibéricos Fluviales Transfronterizos)
- Peche do evento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario