9 de set. de 2025

TOMIÑO

Xeiras do IEM verán 2025: Monte Tetón. Arte rupestre. O Real Seco e As Portaxes

 O vindeiro venres, 12 de setembro, ás 20:00 horas. Punto de encontro: Alto do Padrón, no quilómetro 12,300 da estrada PO-344 Gondomar-Tomiño 




IEM / Tomiño  

 O vindeiro venres, 12 de setembro, completaremos o calendario das Xeiras do IEM-2025 coa visita á área arqueolóxica do Monte Tetón, na parroquia de Santa María de Tebra, no concello de Tomiño.

 Nesta xeira, guiada por Xosé Lois Vilar Pedreira, arqueólogo especializado e subdirector do IEM, achegarémonos ás estacións do Real Seco e das Portaxes para contemplar algunhas das que, sen dúbidason as mellorres imaxes gravadas en pedra do mundo: os petroglifos galegos.

 O punto de encontro será no Alto do Padrón, no quilómetro 12,300 da estrada PO-344 Gondomar-Tomiño. 

(GPS 42º3´46.55"N 8º 44´40.32"0), ás 20:00 horas.

 Seguiremos nos coches pola pista de terra uns 1.800 metros para continuar a pé os 500 metros finais.

 Esta actividade, que contará con interprete de lingua de signos, terá unha duración aproximada de 2 horas e aínda que o percorrido non supón especial dificultade deberemos salvar un certo desnivel e faremos o regreso xa de noite polo que resulta recomendable levar lanterna, calzado pechado e algunha prenda de abrigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario