Adestramentos de fútbol gaélico no Baixo Miño
Grovias Futebol Gaélico / A Guarda
O clube de fútbol gaélico Gróvias F.G. comeza os adestramentos para a nova tempada e busca xente interesada en practicar este deporte no Baixo Miño.
O fútbol gaélico é un deporte de balón orixinario da Irlanda caracterizado polo uso tanto dos pés como das mans para mover a bola e conseguir anotar. Aínda que de recente implantación no noso país, en Irlanda é o deporte máis popular e con máis licencias federativas.
Os adestramentos terán lugar os luns ás 20:30 no Campo do Regatiño, de Goián, e os mércores, ás 20:30 no Campo da Sangriña da Guarda.
Se te gusta facer deporte en grupo agardámoste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario