A III Marcha de Enduro BTT reunirá a 125 participantes
• O domingo, 14 de setembro, ás 9:00 da mañá, desde o auditorio san Bieito, ciclistas e bicicletas, partirán en dirección os montes Torroso e Santa Trega
Infogauda / A Guarda
Coa asistencia do alcalde de A Guarda, Roberto José Álvarez Carrero; o concelleiro de Cultura e Deportes, Celso Rodríguez Fariñas; e dous membros de Insitu Ciclismo, organizadores da marcha; na mañá de hoxe presentouse no Concello de A Guarda, a III Marcha de Enduro BTT.
O domingo pola mañá, a Baixomiño Enduro Experience tomará os montes da Guarda. Este ano vén cun par de novidades que van a dar máis visibilidade e maior espectáculo. Será a primeira edición que comezará e rematará no auditorio de san Bieito, polo que este ano haberá unha zona urbana nun dos tramos para dar maior espectáculo.
Esta proba transcorrerá polos montes Torroso e Santa Trega cun percorrido aproximado de 25 km, con 1.030 metros de desnivel acumulado, que permitirán desfrutar de 5 tramos de enduro fluídos con zonas espectaculares e vistas inmellorables da contorna de A Guarda.
Un tramo será cronometrado para poñer a proba as cualidades físicas e de habilidade dos participantes. Trátase dunha proba aberta para todos, tanto os federados como os que non (con seguro para ese día) e así poder desfrutar todos dos montes da Guarda. A previsión é de contar cun total de 125 ciclistas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario